"Noutras épocas supostamente as mulleres aspiraban a seren mantidas, agora é a nosa fobia máis radical" - Praza Pública

Yolanda Castaño fala de precariedade, autoexplotación, machismo, coidados, débedas e expectativas nun poemario que non deixa indiferente. A falsa autónoma, que vén de publicar Xerais, gañou o Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña en 2022 e, desde entón, a vida cambiou moito para a poeta compostelá, que recibiu o Premio Nacional de Poesía por Materia (Xerais, 2022) hai dous anos e agora ten unha axenda aínda máis esixente que antes

Praza Pública