Óscar Lomba Álvarez

@oscarlomba
35 Followers
98 Following
39 Posts
Membro do Consello Cidadán Estatal de Podemos. Coordinador de Diem25 en Galicia

🌱 Organizar a esperanza, transformar a realidade 🌼 🌹

Traballo digno, dereito á vivenda, feminismo, antirracismo, ecoloxismo e participación social.

O 13 de xuño, en Madrid, abrimos un espazo para compartir experiencias e fortalecer alianzas.

Porque o futuro constrúese colectivamente. ✊💜

#PrimaveraDeEsperanza #PrimaveraDeLoita #MovementosSociais #XustizaSocial #Galiza #Podemos #EsperanzaOrganizada

Este sábado 11 de abril estarei no encontro organizado por Podemos Galicia na rúa Celso Emilio Ferreiro 9, en Vigo, baixo o lema “Servizos Públicos para coidar a vida”.

Un espazo para analizar o deterioro da sanidade pública e do sistema de coidados, compartir experiencias e construír propostas en defensa duns servizos públicos dignos, universais e de calidade.

Se che preocupa o presente e o futuro da sanidade e da dependencia, anímote a participar.

#SanidadeGalega

O vindeiro xoves 26 de marzo ás 20:00 horas asistirei a esta concentración en Vigo para erguer a miña voz contra a agresión imperialista a Venezuela e en defensa da soberanía dos pobos.

#SolidariedadeInternacionalista

Vigo merece vivenda digna

Non máis especulación nin exclusión

Reducir alugueiros un 40% nas zonas tensionadas
Mobilizar vivendas baleiras para uso social
Controlar as vivendas de uso turístico
Máis vivenda pública

As cidades son para quen as habita
O público é a solución

#VivendaDigna #Vigo #DereitoAVivir

A crise da vivenda non é un problema individual, é estrutural.

Durante anos permitiuse a especulación, a acumulación de vivendas baleiras e a subida constante dos alugueiros. O resultado é unha sociedade onde cada vez máis persoas teñen dificultades para acceder a algo tan básico como un fogar.

Fronte a isto, só hai un camiño: organización e mobilización social.

Defender o dereito a unha vivenda digna é defender unha vida digna.

#VivendaDigna #DereitoAVivenda

🔗 https://oscarlomba.com/D/post/manifestacion-pola-vivenda/

📢 Acto de solidariedade internacionalista no Consulado da República Bolivariana de Venezuela 🇻🇪

Onte participei no acto de solidariedade internacionalista celebrado no Consulado da República Bolivariana de Venezuela e tiven a honra de pechar o acto coa lectura da carta que será enviada a Nicolás Maduro e Cilia Flores.

✊🏽
#venezuelanoestásola #SolidariedadeInternacionalista #PararOImperialismo #PararOFascismo

✊ Alto á agresión imperialista contra Venezuela

CONCENTRACIÓN

📍 Consulado de Venezuela en Vigo
🗓️ Hoxe sábado 3 de xaneiro de 2026#
⏰ 20:00 h

Defendamos a paz e o dereito dos pobos a decidir libremente o seu futuro.

Participa, difunde, espalla e comparte! 🇻🇪🕊️

Este Nadal quero desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2026 desde a ilusión colectiva e a esperanza teimuda de quen cre que o mundo pode ser máis xusto. Que estas datas nos sirvan para lembrar que os dereitos conquístanse xuntas, que o feminismo, a solidariedade e a dignidade non se negocian, e que fronte ao egoísmo sempre hai unha maioría social que quere coidar, compartir e avanzar.

Bo Nadal e adiante no 2026.

#BoNadal #FelizAninovo2026 #Podemos

🩺 Vigo mobilízase pola sanidade pública!
📅 Xoves 4 decembro · 🕖 19:00
📍 Praza de España (dos Cabalos)
✊ Reconstruír a área sanitaria de Vigo!
#SOSSanidade #SanidadePública #vigo

🚨 MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Hoxe xoves 4 de decembro ás 19:00 saímos á rúa desde a Praza de España (dos Cabalos) 🐴

✊ Queremos:

➕ Atención Primaria digna
➕ Atención Hospitalaria de calidade
➕ Sanidade Pública para todas e todos

💬 É hora de dicir alto e claro: SOS Sanidade Pública!

📢 Participa, difunde, comparte!