Emuga

@emuga
2 Followers
7 Following
3 Posts
Co audio, co podcast, coa radio
Éxito multitudinario da Festa do Queixo de Arzúa

O posto de Queixos de Sillobre foi un dos máis de 70 expositores que participaron este ano. O éxito de vendas foi xeral; tal e como apuntaba o xerente do posto de polbo Porta: «Na Feira de Arzúa, se o tempo acompaña, sempre se sae ben». De feito, a demanda de queixerías volveu superar a oferta dispoñible, deixando a moitas firmas en lista de espera por falta de espazo no recinto.  Cultura e música para o peche

Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas
Ciencia en feminino

“As mulleres son as grandes esquecidas na ciencia”. Sarah Mather é unha desas científicas esquecidas que o alumnado de Centieiras coñeceu este curso. “Foi moi instrutiva para eles e tamén para min”. Así fala da experiencia Laura Rey Rico, que colaborou neste e outros proxectos do colexio plurilingüe de Centieiras, onde o seu fillo cursou a primaria. Guiados por ela todo o alumnado colaborou na construción do gran submarino dotado de periscopio que loce no vestíbulo do centro educativo para orgullo e goce dos seus autores. 

Radiofusion - A programación das Emisoras Municipais Galegas
Emisoras Municipais Galegas apoia as redes sociais sen algoritmos, aquelas que non se mercan nin se venden