Agrupación Ío

136 Followers
94 Following
452 Posts

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Fundada en 2002. Premio da Crítica de Galicia 2023. Premio Rosalía de Castro 2021. Mención de honor Premios Prismas 2020. Organizadora do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.

A Coruña | Galicia | España - Spain

Sitio webwww.agrupacionio.com
ATENCIÓN, ATENCIÓN! Mañá hai aviso meteorolóxico e pechará o Parque de Santa Margarida, así que traslasamos a charla de Ángel Gómez Roldán "40 ANOS DE ASTRONOMÍA" ao KIOSKO ALFONSO, en Méndez Núñez. A hora será a mesma, 19:30. Actualizamos o "toot" anterior cos novos datos.

Sábado 20 e domingo 21 Arzúa acolle a festa galega das estrelas, Astrogalicia 2025. Podedes consultar xa o programa case definitivo e o procedemento de inscrición.

https://ceosgalegos.com/astrogalicia25-o-programa/

O xoves 18 de decembro recibimos na Coruña a Ángel Gómez Roldán, director da revista Astronomía, para dar unha conferencia co gallo dos 40 anos desta publicación emblemática. Será ás 19:30 no Kiosko Alfonso, con entrada libre até completar a capacidade do recinto.

https://agrupacionio.com/gl/portfolio/conferencia-de-angel-gomez-roldan-40-anos-de-astronomia/

A Agrupación Ío e a A. C. Alexandre Bóveda organizan unha charla sobre a astronomía no Sáhara a cargo de Andrea Rodríguez Antón, doutora en astrofísica e investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio de Santiago de Compostela. Será mañá mércores 26 de novembro ás 19:30 no local da rúa de Santo André, 36 - 1º.

No acto participarán ademais membros da Comunidade Saharauí en Galiza que nos falarán da situación actual do Sáhara Occidental.

Podedes inscribirvos aquí:
https://acalexandreboveda.gal/event/astronomia-no-sahara/

...da Sociedade de Ciencia e Enxeñaría dos Indios Americanos, entre outros.
Beverly abriu o camiño para as futuras xeracións de científicas promovendo a educación e a igualdade na astronomía e tamén loitou contra a discriminación baseada na cor.

#mulleresinstem #mulleresastrónomas #mulleres #stem #ciencia #astromulleres

A partir de 1991 foi a enlace de Sky Math para o programa Unidata da Corporación Universitaria para a Investigación Atmosférica.
Beverly publicou dous libros: "Elementary Astronomy" (1959), en coautoría con Otto Struve e Helen Pillans, e "Dark Nebulae, Globules, and Protostars" (1987).
Foi membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Unión Astronómica Internacional, da Sociedade Astronómica Americana, do Consello Nacional de Profesores de Matemáticas e...
Beverly Ann Turner Lynds (1929-2024), astrónoma, naceu en Luisiana, EUA. Foi coñecida por compilar dous catálogos astronómicos na década dos 60: o Catálogo Lynds de Nebulosas Brillantes e o Catálogo Lynds de Nebulosas Escuras.
A súa paixón polo cosmos acompañouna desde moi nova, o que a levou a converterse en astrónoma profesional. A súa carreira non foi doada; ao completar os seus estudos universitarios na Universidade de Chicago, negáronlle a admisión a estudos de posgrao por ser muller.
O martes 4 de novembro recibiremos na Coruña ao astrónomo estadounidense @JohnBarentine, que nos falará sobre a protección do espazo. Será na Domus, ás 19:30, con entrada libre até completar a capacidade do recinto.
O próximo sábado recibimos na Coruña a Joaquim Sempere e María de los Ángeles Rol de Lama no VI Encontro da Noite. Será a partir das 18h no local da A. C. Alexandre Bóveda, con entrada libre. Non o perdades! Tedes toda a información no noso blog: https://agrupacionio.com/gl/galego-o-medio-ambiente-e-a-saude-protagonizan-o-vi-encontro-da-noite/
Destaca o seu empeño pola igualdade de xénero. Recibiu o Premio '''Donna XIII'' do Municipio XIII de Roma (2005) e o Premio ao Liderado de Mulleres no Sector Aeroespacial (2012). Ademais foi cofundadora da Asociación internacional Women in Aerospace Europe e desde 2013 forma parte do Global Board Ready Women.
#womeninstem #mulleresastrónomas #women #stem #ciencia #astromulleres