O 30 de xuño abrimos a sétima edición do Encontro da Noite, que se estenderá até final de ano. A primeira sesión explora a presenza da escuridade e a noite en dúas obras contemporáneas, o álbum "Soño dunha sombra" de Xosé Cobas e o filme "Anoche conquisté Tebas" de Gabriel Azorín. Será ás 19:00 na Filmoteca de Galicia, con entrada de balde até completar a capacidade da sala.
Máis información no noso web https://agrupacionio.com/nueva/gl/portfolio/vii-encontro-da-noite-primera-sesion/ e no da Filmoteca de Galicia https://filmotecadegalicia.xunta.gal/gl/filmes/encontro-da-noite

