Onte rematei o Chants of Sennaar, menudo xogazo e que burrada de final, e iso que eu non son de xogos de puzzles.

É un xogo que referencia o mito da torre de Babel, onde vas subindo niveis e atopando xente que fala linguas que tes que descifrar coa axuda dun diario. O concepto en si mola, pero o xogo acaba tendo unha mensaxe máis profunda sobre a diversidade e a comunidade da que non farei spoiler, porque a min pilloume por sorpresa.

12 pavos custa agora mesmo no Steam

#chantsofsennaar

A maiores direi que me levou 11 horas sacar o 100% (e porque me atasquei varias veces), e que é un xogo francés (de aí que non teña o clásico cinismo dos xogos americanos).

Entrou con forza no meu panteón de indies