Fabulosa esta versión do #OpenAllNight adianto da caixa Nebraska '82 que chegará a casa este Nadal, da man de rei #republicano #Damián.

Cando saíu #Nebraska no ano 82, quedei sorprendido, que fai o meu rockeiro de cabeceira, que guitarrea sobre o piano, tírase ao chan co saxofonista e baila toda a noite, con este disco gravado nun soto cunha guitarra e unha harmónica.

"Open All Night - Count Basie Theatre, Rede Bank, NJ" Official Vídeo by Bruce Springsteen.

https://youtu.be/6PtSo87mXGE?si=4tscfw0t_2AmKT4W

Tardei en comprender os que nos quería dicir #Bruce.

#OpenAllNight encántame en acústico ou eléctrico. Ás veces penso que son dúas cancións diferentes que me contan o mesmo en diferentes estados de ánimos.

"Sabía que a forma de facelo era sen audiencia e sen falar... Simplemente presentas o disco, reprodúcelo e listo". Así como o álbum "Nebraska" creárase de forma illada, tamén o faría esta gravación, dentro dun Count Basie Theatre baleiro en Rede Bank, Nova Jersey.

https://youtu.be/6PtSo87mXGE?si=4tscfw0t_2AmKT4W