Levo moito tempo xogando na tablet ao Clash Royale e estou a acabalo (estou a chegar ao tope de puntos, xogar podes eternamente). Hai tempo que lle busco substituto, mais non o atopo. Que ten de bo? O feito de xogar contra outros xogadores reais e que non atopas areas ou fases nas que te estancas, partidas rápidas, a estratexia e a habelencia xustas... Por exemplo, probo o Kingdom Rush e levo tropecentos intentos de pasar unha fase e vouno deixar. O Plants vs Zombis goceino tamén.
#videoxogos

@marcostaracido a miña recomendación / consello. Non busques reemplazos.

Que os novos xogos que xogues sexan cousas curtas e abarcables no tempo e non consumidores infinitos da tua disponibilidade que tras xogalos non te aportaron emocións, unha historia que contar ou algo na túa vida

@madtyn algunha recomendación? O problema é que é un xogo que utilizo para intres mortos, 10 minutos agora, 15 despois... E iso non casa ben cun xogo no que teñas que por atención e sentimento.
@marcostaracido non sei, eu agora pra iso doulle a xadrez
@madtyn eu ao xadrez só partidos por turnos... ás rápidas xogo de cando en vez porque me poñen moi nervioso.