que chegaron a cubrir unha extensión de polo menos 1.7 millóns de hectáreas, un tamaño maior que Irlanda do Norte.
As conclusións do estudo demostran que as poboacións silvestres desta especie “desapareceron por causas humanas“.
O #rexistro será o punto de partida para tentar realizar labores de restauración e reintroducir a ostra plana naqueles lugares nos que habitou no pasado
Enxeñeiras do medio ambiente
As ostras son o que coñecemos como enxeñeiras dos ecosistemas.
Cumpren un labor fundamental no seu hábitat, o cal modifican e transforman aumentando a riqueza do que as rodea. “Crean estruturas tridimensionais cos seus arrecifes, e proporcionan unha serie de servizos, como converterse en refuxios ou criadeiros para distintas especies”, explica o investigador do IEO.
A desaparición da ostra salvaxe en Galicia revela a deterioración do leito mariño