Hai uns días ( https://elk.zone/mastodon.gal/@marcostaracido/112926233198347429 ) contábavos unha experiencia negativa co aluguer dun coche en Irlanda. A consecuencia foi que tiven que alugar outro xa alí, e fíxeno con Enterprise. Recollín o coche e saímos con el da cidade; ao voltar varios viandantes avisáronnos de que algo ía mal no coche: roda picada. Boteime a un lado e fiquei parado nunha das principais rúas da cidade; chamo ao teléfono de urxencias que ven no propio coche e comeza un inferno que durou catro horas.
#enterprise
#enterprise
Marcos Taracido (@marcostaracido@mastodon.gal)
Na casa despois da viaxe, vou contar unha mala experiencia por se lle serve a futuros viaxantes Alugo hai catro meses un coche para recoller e devolver no aeroporto de Dublin a través de VIPCars e a empresa de aluguer de coches Easyrent. #VIPCars #Easyrent #Travelling #Viaxes