Xusto hai unha semana que as compas do Centro Tecnolóxico do Mar #CETMAR, regresaron a Galicia tras pasar unha intensa semana en #Honduras. Foi dentro do proxecto de apoio a grupos de marisqueiras, financiado pola #CooperaciónGalega. Compartiron as súas experiencias na adecuada xestión da investigación para mellorar os recursos mariños costeiros, así como o desenvolvemento e innovación na pesca.Tamén levaron a cabo reunións de coordinación con institucións.
A CRÓNICA: https://galicia.isf.es/blog/cetmar-e-a-cooperacion-espanola-visitan-o-proxecto-de-mulleres-marisqueiras-no-sur-de-honduras/
CETMAR e a Cooperación Española visitan o proxecto de mulleres marisqueiras no sur de Honduras - ESF Galicia

A pasada semana houbo moita actividade no programa de Soberanía Alimentaria que desenvolvemos no sur de Honduras xunto con CODDEFFAGOLF. Por un lado, a visita técnica do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e, por outro, un dos días, a visita do embaixador de España en Honduras xunto cunha delegación da Cooperación Española no país. As […]

ESF Galicia