Videoxogos de realidade virtual: esta é aterapia que mellorou a capacidade física de pacientes oncolóxicos
Autor: Redacción
Videoxogos de realidade virtual: esta é aterapia que mellorou a capacidade física de pacientes oncolóxicos
Autor: Redacción
🎮 A Coruña converterase un ano máis nun punto de encontro para o videoxogo independente, co regreso da Zona Indie Dev de ExpOtaku 2026.
🕹️ Máis de 50 videoxogos
🎪 40 postos indie
🤝 Participación de estudos, asociacións e centros de formación
📍 23-24 de maio · ExpoCoruña
Un espazo para probar xogos, falar coas persoas creadoras e seguir impulsando a industria do videoxogo en Galicia 🚀
#IndieDev #Galicia #Videoxogos #ExpOtaku
Tiña impresión de ter xogado menos este ano, pero esquecía a viciada de Divinity que lle demos en parella en Xaneiro e Febreiro.
Acaba de porse en marcha o proxecto O videoxogo en galego, unha exposición itinerante que percorrerá nos vindeiros meses diferentes institutos de educación secundaria da provincia de Pontevedra. Dende esta semana, a mostra xa se pode visitar no IES Politécnico de Vigo.
O mes pasado esquecinme de mencionar este xogo, foi unha experiencia curtiña pero super intensa que me deixou moi bo pouso!
https://ocortellodofedello.kirfed.ovh/blog/2025/09/23/the-forgotten-city/
Levaba tempo querendo engadir unha sección no blogue na que engadir unha serie de videoxos, libros, series ou películas que dalgún xeito deixaron a súa pegada en min.
Con todo, non é fácil facer unha selección con límites, e quería adicarlle unhas palabras a cada un, polo que se tendes curiosidade mais alá do top, botádelle un ollo a sección de escolma de videoxogos.
https://ocortellodofedello.kirfed.ovh/blog/2025/08/13/a-mi%C3%B1a-escolma-de-videoxogos/
Lérez Up: salón do videoxogo e da cultura friki
Recinto Feiral, Pontevedra, sábado, 13 de setembro, 11:00 CEST
Pontevedra acollerá o 13 e 14 de setembro de 2025 a cuarta edición da Lérez Up, o Salón do videoxogo e da cultura friki organizado polo Concello e Gaming Troop no Recinto Feiral. O evento, que xa se consolidou como punto de encontro interxeracional, inclúe:
Cartel da pontevedresa Paula Cheshire, con guiños aos contidos do salón.
Torneo nacional de Smash Bros Ultimate, con inscricións abertas a xogadores de España e Portugal.
Obradoiros, charlas e competicións para todas as idades.
Zona de stands de artistas para ilustradores, artesáns e creadores (bases na web oficial).
Área comercial para empresas locais.
Concurso de cosplay xulgado por Skullcaramel e Puchiluh, con máis de 300 asistentes.
Concerto en directo de Yell0, mesturando electrónica e bandas sonoras de videoxogos.
Zona indie para desenvolvedoras e estudios independentes, fomentando a comunidade e o contacto profesional.
O salón manterá o seu espírito de lecer alternativo, cultura xaponesa e cosplay nun ambiente aberto a familias, mocidade e adultos. Para máis información e inscricións, consultar a web oficial de Lérez Up e as redes de Gaming Troop.
https://pontevedra.social/event/lerez-up-salon-do-videoxogo-e-da-cultura-friki