Alertan do crecemento da enfermidade renal crónica en Galicia

A incidencia e prevalencia na comunidade superan a media estatal. ...

Galicia Confidencial

Charla-coloquio: as mulleres na sanidade

Casa da Luz, Pontevedra, xoves, 12 de marzo, 20:00 CET

O vindeiro 12 de marzo ás 20:00h teremos un encontro para falar da precariedade da muller no ámbito sanitario.

Contaremos coa participación de Iria Carreira, médica e deputada no Parlamento galego, que compartirá a súa experiencia e abrirá un espazo de reflexión e debate.

https://pontevedra.acontece.gal/event/charla-coloquio-as-mulleres-na-sanidade

"Non é aceptable a escusa de que non había camas", di unha condena do Sergas polas secuelas dun ictus - Praza Pública

Praza Pública

LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO

Sobre a Sanidade en Ribadeo, hoxe:

LISTAS DE AGARDA NO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO

Nota de prensa

Aínda que non deixa de ser de dominio público, dende o noso grupo quixeramos comunicar que cando isto escribimos, temos noticia de que nas últimas 48 horas dúas persoas adultas con total autonomía e perfectamente capacitadas pediron consulta para Atención Primaria no Centro de Saúde de Ribadeo a través da páxina Web do Sergas. Nun dos casos a resposta foi que non se lle podía dar cita e que se presentase persoalmente no Centro para pedir a consulta, mentres que no outro caso a resposta foi que lle daban cita para o 23 de xaneiro, case tres semanas despois. Comentado o tema con persoal sanitario comunícannos que estes días dispoñíase de dous médicos en consultas e eso era o que se agardaba para o luns 5 de xaneiro.

Son datos concretos da primeira semana de xaneiro que non fan senón confirmar o que ven sucedendo dende hai varios anos e agudizándose progresivamente segundo vai pasando o tempo e van chegando as xubilacións que obviamente son coñecidas de antemán e non se substitúen co persoal médico necesario. Esta realidade é de sobras coñecida, como as promesas da Xunta de Galicia e do Alcalde de Ribadeo de que sería corrixida tras os seus contactos e negociacións coas autoridades da Consellería de Sanidade. Promesas obviamente incumpridas ao longo de varios anos e deixando que as cousas se agraven cada vez mais.

Pois ben, neste contexto estamos cando o pasado 23 de decembro o Concello de Ribadeo aproba en pleno un novo trámite para ceder á Xunta uns terreos veciños da Estación de Servicio do xardín, suponse destinados á construción de un novo Centro de Saúde. Na páxina de publicidade, o novo centro vai resolver moitos problemas, vai ter unha chea de consultas e aparcamentos, pero de resolver a cuestión clave, a falla de persoal sanitario, nin unha soa palabra. Podemos deixar de lado, por un momento, a falcatruada de levar o centro de saúde a 1 km do actual, nos arrabaldiños de Obe e nunha zona perigosa e embutida de automóbiles todos os días do ano. Podemos arrombar por un intre os graves danos que esta decisión, puramente política, vai traer para as persoas usuarias dos servizos sanitarios, maiormente para as da terceira idade e para as mais noviñas e as súas familias. Podemos silenciar o custo irresponsable e dilapidador dos fondos públicos nun proxecto antisocial e antipopular trufado de intereses particulares e de demagoxia política. Podemos calar todo iso e máis, pero non podemos, nin poden os promotores, disimular o feito incontestable de que non son capaces de xestionar o funcionamento da consultas dotándoas do persoal necesario e que un mes tras outro a infamia repítese e as consultas do centro actual, a maior parte de elas, carecen de persoal asistencial e os retardos para unha primeira consulta xa chegan a mais de vinte días. Non hai que ter pouca cara para darnos verzas podres para facer o caldo.

Isto e ben sabido, e chamamos ás ribadenses e aos ribadenses de todas as idades e condicións a reaccionar diante desta tomadura de pelo que antes ou despois vainos afectar a todos e a todas e particularmente agravar os atrancos na saúde das persoas afectadas. Pero temos que rematar este escrito denunciando a desculpa universal de que non hai médicos apelando a datos obxectivos de última hora. Véxase: o Ministerio de sanidade acaba de publicar o dato de que para a última convocatoria de prazas de Médicos Internos e Residentes (MIR), cuxos exames Terán lugar o próximo día 24 de xaneiro presentáronse 17 553 solicitudes, ou sexa que ese é polo menos o número de médicos e médicas que non teñen un posto de traballo fixo no estado español a día de hoxe ou que queren mellorar o seu status actual polo tanto poderían ser candidatos a ocupar unha desas vacantes que a Xunta de Galicia eterniza por razóns non desveladas aínda que doadas de recoñecer: desprestixiar e desmantelar o sistema público para pasalo ás mans dos bancos e dos negocios privados. Pero ademais hai que ter en conta que eses 17 533 profesionais que se presentan ás prazas MIR non son máis que unha parte dos que se poden atoparse no paro ou en situación de precariedade laboral e non ven o seu futuro no MIR polas diversas circunstancias particulares de cadaquén, ou afectados por outros factores sociais ou familiares ou simplemente que se foron a Portugal ou outras zoas de España ou do estranxeiro e que voltarían a Galicia a pouco que a política de persoal da Xunta lles dese un mínimo de estabilidade laboral e traballo con dignidade profesional, que son as causas principais da diáspora médica que a Xunta provoca cas súas políticas.

O problema sanitario crónico de Ribadeo, polo tanto, non é de edificios senón de persoal, e a iso a Xunta e o Sr. Alcalde non dan ningunha resposta.

Plataforma pola Defensa das nosas Árbores

Ribadeo 7 de xaneiro de 2026

#sanidade

Ecografías fantasma: así es el plan de la Xunta que está frenando el 95% de las pruebas pedidas por Atención Primaria

El Servizo Galego de Saúde crea un grupo formado por 18 médicos con el objetivo de revisar la posible anulación de 12.000 ecografías pendientes y que llevan un año en lista de espera Así creció Ribera Salud en Galicia en la última etapa de Feijóo al frente de la Xunta: tres hospitales en tres años

https://www.eldiario.es/galicia/ecografias-fantasma-plan-xunta-frenando-95-pruebas-pedidas-atencion-primaria_1_12828545.html

#sanidadPublica #Sanidade #Xunta #Galiza

Ecografías fantasma: así es el plan de la Xunta que está frenando el 95% de las pruebas pedidas por Atención Primaria

El Servizo Galego de Saúde crea un grupo formado por 18 médicos con el objetivo de revisar la posible anulación de 12.000 ecografías pendientes y que llevan un año en lista de espera

ElDiario.es

De Centro de Saúde a sanidade

Onte tivo lugar na Casa do Viejo Pancho a prevista charla informtiva sobre o pretendido desprazamento do centro de saúde. É un tema xa tratado en diversas ocasións en Ribadeo, pero sobre o que pouco a pouco vai xerándose nova información que comentar. A charla comezou cunha lembranza do proceso ata o momento, incluídos tanto a manifestación informativa ata o lugar no que se pretende o novo centro de saúde, ou o reparto de octavillas, como por outra banda os ouvidos xordos da administración ós argumentos da xente, que a mesma administración tampouco usa os ollos para facer o correspondente estudo e avaliar a situación como corresponde, e, sen embargo, fala. A administración a nivel local, pero tamén ó autonómico ou ó estatal, pois quedou claro xa hai tempo que a situación de Ribadeo non é un caso illado, senón que se mantén nunha situación xeral na que a sanidade pública está sendo ameazada dende dentro das propias institucións públicas, que a abocan a unha falta de fondos, ó queimado do persoal e á privatización descoberta ou encoberta de diferentes xeitos, tirando da teta pública.

Pouca xente na sala, que colaborou traendo casos concretos e apuntando situacións. E a máis, falouse en canto a Ribadeo, da falta de médicos, do derivar os cartos dos servizos para ladrillo, das enquisas que se fixeron para saber o que implica o levar o centro á periferia, do prometido ‘técnico da Xunta’ para falar do centro de saúde que non viu falar, das novas de que hai seis meses estaban facéndose cos terreos cando a semana pasada nin sabían de quen eran, de dicrir que no centro non hai aparcamento cando na situación prevista terían que facer un novo, do queimado dos médicos, ou en xeral da política de privatización e inseguridade das prazas non cubertas.

Ó final tratouse algunha idea para continuar o movemento a favor dunha boa sanidade pública en Ribadeo.

#sanidade

Basta de tecnoloxía para curar o cancro, fagámola para evitalo

Durante oito anos traballei na sanidade vendo como os meus pacientes se enfrontaban aos retos do cancro. Eu mesma perdín a meus pais por esta enfermidade a moi pronta idade. E aínda así cada vez que vexo un anuncio de protesta contra o cancro, non acabo de comprender a súa finalidade. Resúltame absurdo considerar o cancro como un axente social que destrúe vidas, un axente que hai que investigar e combater coma se fose un inimigo con intelixencia. O cancro é un proceso pouco ordenado […]

https://blogs.amarinha.gal/lucia_ferro/2025/10/29/basta-de-tecnoloxia-para-curar-o-cancro-fagamola-para-evitalo/

Centro de Saúde. Charla

Este xoves terá lugar a charla que se parazou hai dúas semanas sobre o centro de saúde. Será ás oito da tarde na Casa do Viejo Pancho.

O pretendido novo centro de saúde sáese do mapa

Axusto aquí a nota de prensa que se difundiu no seu momento:

O pasado luns, 29 de setembro, reuníuse a asamblea da Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, os seguintes asuntos: Informe sobre ruídos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas con xogos infantis incitadores das violencias, situación do persoal no centro de saúde e proxecto estrela de pechar este centro para abrir outro a un km do casco urbano.

Sobre este último, como xa é de sobras coñecido “as carencias de persoal médico e de enfemería no Centro de Saúde de Ribadeo veñen de lonxe e van para lonxe en vistas do que vemos a cotío e todo o mundo coñece. No momento actual de sete prazas oficiais de médicos de Atención Primaria somente están correctamente cubertas tres, ademais outra está cuberta temporalmente e outras tres están vacantes. Esta realidade está así e vai seguir estando porque a pesar das promesas da Xunta de Galicia e do Sr. Alcalde que declarou que Ribadeo ía ter un trato especial por parte da Consellería de Sanidade, o certo é que van pasando as semanas e os meses e as prazas seguen vacantes, ben sexa por xubilacións ou por outros motivos. Como consecuencia os retrasos para consultas non urxentes son de varios días e as veces chegan as dúas semanas. O mesmo está sucedendo coa pediatra e varias prazas de ATS co conseguinte retraso e deterioro da atención á saude dos veciños e veciñas, crianzas e persoas maiores que sempre son as máis vulnerabeis, as máis indefensas e as máis perxudicadas. Debemos suliñar tamén a grave situación de abandono que sofren as persoas de todas as idades con problemas de saúde mental que cada vez son mais frecuentes, especialmente na terceira edade”.

“A todos estes problemas que, repetimos, non son da semana pasada nen froito dunha circunstancia pasaxeira, senón que se van facendo cada vez máis crónicos e intensos, a única resposta que ofrece a Xunta de Galicia co apoio entusíatico do Concello de Ribadeo é a construcción dun novo Centro de Saúde a un kilómetro do actual e nunha zona especialmente complicada polas diversas dificultades do seu acceso. Ademais da distancia é especialmente perigosa polo intenso trafego de vehículos motorizados a todas horas do día, como temos comprobado, sen que os técnicos da Xunta nen os políticos do concello de Ribadeo se desen por enterados, nen dos nosos informes perfectamente documentados, nen das declaracións de rexeita de numerosas persoas maiormente da terceira edade. O Concello segue tomando acordos administrativos (e políticos) para levar adiante este desdichado proxecto e pola nosa banda seguiremos denunciando o que non deixa de ser unha cortiña de fume que non vai solucionar nengún problema e ainda os vai acrecentar pola distancia e os outros inconvintes do proxecto que xa denunciamos”.

“Para denunciar esta grave decisión política que vai prexudicar ao futuro de todo Ribadeo e non só as persoas usuarias dos servizos de saúde, porque estamos falando dunha deslocalización salvaxe que deixaría orfo ao centro da vila, convocamos un acto público informativo que terá lugar o día 17 de Outubro no local da Casa do Viejo Pancho as oito da tarde, quedando invitadas todas as persoas que o desexen que ademais poderán opinar o que consideren oportuno”.

NOTA: “Cando estábamos redactando este escrito chéganos a nova da corta de cáseque todas árbores de Cabanela e outros espazos próximos, sen que concello teña dado nengún tipo de información ou xustificación. Desgrazadamente confírmanse os temores enxergados nos meses anteriores: Existe unha vontade evidente e un proxecto político estratéxico por parte da corporación actual de ir eliminando progresivamente as árbores do concello, por algún motivo seguramente inconfesable como o demostra esta nova actuación arboricida, ás caladiñas e por sorpresa. O pobo de Ribadeo terá que reaccionar de algún xeito antes de que sexa demasiado tarde e pola nosa banda seguiremos denunciando esta política que só podemos calificar de inhumana, retrógrada e subcultural.

#sanidade #sociedade

A Plataforma pola Defensa das Nosas Árbores convoca este venres un novo acto informativo sobre o futuro centro de saúde de Ribadeo

O pretendido novo centro de saúde sáese do mapa

Atención: posponse o acto ó xoves 30 de outubro. Sairá nova convocatoria

#educación #Medio #ruído #sanidade

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

Corte en Cabanela. Foto de Marisol V.

        O pasado luns, 29 de setembro reuniuse a asamblea da plataforma pola Defensa das Nosas Árbores para tratar, entre outros, dos seguintes asuntos:  Informe sobre ruidos, actividades lucrativas nos espazos públicos do casco urbano, competencia desleal á pequena empresa local, deseducación das crianzas con xogos infantis incitadores das violencias, situación do persoal no centro de saúde e  proxecto estrela de pechar este centro para abrir outro a un km do casco urbano.

       Deste asunto ímonos extender un pouco mais. Como xa é de sobras coñecido as carencias de persoal médico e de enfemería no Centro de Saúde de Ribadeo veñen de lonxe e van para lonxe en vistas do que vemos a cotío e todo o mundo coñece. No momento actual de sete prazas oficiais de médicos de Atención Primaria somente están correctamente cubertas tres, ademais outra está cuberta temporalmente e outras tres están vacantes. Esta realidade está así e vai seguir estando porque a pesar das promesas da Xunta de Galicia e do Sr. Alcalde de Ribadeo que declarou que Ribadeo ia ter un trato especial por parte da Consellería de Sanidade o certo é que van pasando as semanas e os meses e as prazas seguen vacantes, ben sexa por xubilacións ou por outros motivos.  Como consecuencia os retrasos para consultas non urxentes son de varios días e as veces chegan as duas semanas. O mesmo está sucedendo ca Pediatra e varias prazas de ATS co conseguinte retraso e deterioro da atención á saude dos veciños e veciñas, crianzas e persoas maiores que sempre son as mais vulnerabeis, as mais indefensas e as mais perxudicadas. Debemos suliñar tamén a grave situación de abandono que sofren as persoas de todas as edades con problemas de saúde mental que cada vez son mais frecuentes, especialmente na terceira edade.

       A todos estes problemas que, repetimos, non son da semana pasada nen froito de unha circunstancia pasaxeira, senon que se van facendo cada vez mais crónicos e intensos a única resposta que ofrece a Xuinta de Galicia co apoio entusíatico do Concello de Ribadeo é a construcción de un novo Centro de Saúde a un kilómetro do actual e nunha zona especialmente complicada polas diversas dificultades do seu acceso, ademasi da distancia e especialmente perigosa polo intenso trafego de vehículos motorizados a todas horas do día, como temos comprobado, sen que os técnicos da Xunta de Galicia nen os políticos do concello de Ribadeo se desen por enterados,   nen dos nosos informes perfectamente documentados, nen das declaracións  de rexeita de numerosas persoas maiormente da terceira edade. O Concello de Ribadeo segue tomando acordos administrativos (e políticos) para levar adiante este desdichado proxecto e pola nosa banda seguiremos denunciando o que non deixa de ser unha cortiña de fume que non vai solucionar nengún problema e ainda os vai acrecentar pola distancia e os outros inconvintes do proxecto que xa denunciamos.

      Para denunciar esta grave decisión política que vai prexudicar ao futuro de todo Ribadeo e non so as persoas usuarias dos servizos de saúde, porque estamos falando de unha deslocalización salvaxe que deixaría orfo ao centro da vila,  convocamos un acto público informativo que terá lugar o día 17 de Outubro no local da Casa do Viejo Pancho as oito da tarde, quedando invitadas todas as persoas que o desexen que ademais poderán opinar o que consideren oportuno.

 NOTA: Cando estábamos redactando este escrito chéganos a nova da corta de todas árbores de  Cabanela e outros espazos próximos, sen que ooncello teña dado nengún tipo de información ou xustificación. Desgraciadamente confirmanse os temores enxergados nos meses anteriores: Existe unha vontade evidente e un proxecto político estratéxico por parte da corporación actual de ir eliminando progresivamente as árbores do concello por algún motivo seguramente inconfesable como o demostra esta nova actuación arboricida ás caladiñas e por sorpresa. O pobo de Ribadeo terá que reaccionar de algún xeito antes de que sexa demasiado tarde e pola nosa banda seguiremos denunciando esta política que só podemos calificar de inhumana, retrógrada e subcultural.   

Plataforma pola Defensa das nosas árbores.

Ribadeo 8 de outubro de 2025

#Medio #sanidade #sociedade