Fai un par de semanas saquei esta foto dende a fiestra da cociña. Levo xa case dous anos de volta na aldea e cada día que pasa convénzome máis do boa idea que foi. Este é un xílgaro. Sábese que xa non é novo de todo porque exhibe esa cara encarnada característica deles. Os máis noviños non a teñen. O seu canto, por certo, soa como R2D2, só que na maioría dos casos non se discingue ao escoitarse un grupo enteiro, acostuman a andar en bandadas e rara vez se ve a un solitario.










