Grazas psoe e pp por non facer nada #AP9 #Audasa #orzamentos #Galiza #meme #follow #humor

Onte, ás oito da tarde, deu comezo o pleno que abriu o ‘novo curso’ político en Ribadeo. Sen megafonía, resultou moi dificultoso seguir algunhas intervencións, por iso quizais caín na conta nalgún pequeno detalle como que o retrato do Rei, situado detrás do alcalde, está semi tapado por unha bandeira española, nunha superposición de símbolos na que se ocultan uns a outros.

Nove veciños, no momento de maior asistencia, estaban en minoría fronte ós elexidos municipais.

comezouse a falar do orzamento de cultura, pasando logo ós apoios no consello territorial provincial e diversas outras representacións. Seguiu a petición da cesión das rotondas (Voar e entronque coa autostrada), e a petición como festivos do martes de antroido e 8 de setembro para o próximo ano. Temas todos que saíron por unanimidade (excepto o primeiro) e que quizais por iso, propiciaron unha sesión tranquila.

O seguinte punto coido que deu lugar ó inicio real do pleno: tratábase do nomeamento duna persoa de confianza para a secretaría persoal do alcalde, que saíu cos votos de BNG e PP, e abstención do resto, parece que por temas presupuestarios. A dicir que o pleno ten que apoiar o posto, non á persoa. O alcalde propoñerá a María Pérez Mon, que traballa xa no concello.

Sen discusión, foi aprobado despois o orzamento do ano en curso, xa tratado en instancias previas polos grupos municipais.

Désuse despois traslado de acordos varios da Xunta Local de Seguridade (non de todos os tomados por ela), de colaboración entre admnistracións e comezo do plano local de seguridade. Aquí saiu a controversia sobre a decisión de direccionar a entrada e saída á praia das Catedrais (Augas Santas), coa crítica a que a saída sexa a nivel de Casa Amadora, un dos peores sitios para saír a N634 de toda a Mariña.

O tema da saída foi retomado no punto seguinte, unha proposta de UPRI, na que saíron a relocer aparcamentos e adecuación de viais, ambos polo que parece xa en marcha, incluíndo a consignación pola Deputación de cartos para viais. O aparcamento, privado, e o centro de interpretación estarían máis retrasados, o que deu lugar a un pequeno debate político con puntualización ssobre o tema e sobre aproveitamento de discusións no pleno por parte dos grupos, rexeitando ó final a proposta de urxir que se fagan ambas obras por ser redundante (BNG/PP, en contra, PSOE/UPRI a favor)

O punto seguinte foi unha moción de urxencia de UPRI, á que se lle negou a urxencia e polo tanto ‘desapareceu’ do mapa. A destacar que o alcalde negoulle ó ex alcalde o dictame do secretario, que aquel quería por considerar que se debía votar a urxencia do tema.

Entrouse nun longo turno de rogos e preguntas, ocupado polos dous concelleiros de UPRI na case totalidade, e donden entraron, entre outros, temas como a realización de carreiras polo paseo marítimo (segundo se dixo, chégase a acadar os 140km/h) o pintado de sinalización horizontal (parece que se quere ensaiar un novo sistema máis duradeiro), a substitución de sinais en mal estado, o estado do campo da festa en Vilaosende, a retirada de postes non usados e antestéticos de Feve e Barras, o horario de atención ó público da casa da Ría e o plan para o futuro da mesma, a recollida porta a porta dalgunha clase de lixo anunciada hai pouco, etc. temas, na súa maioría que coido que sería preferible comunicar direitamente ós responsables para o seu tratamento, en troques de realizar rogos no pleno (pode que así non fora tan efectiva a súa solución nin rendible eleitoralmente, pero co público asistente este último detalle creo que pode descartarse)

Saiu asemade no turno de preguntas algo curioso: a multa de 600€ da Xunta ó concello por limpar camiños de acceso ás praias en zona de Rede Natura, algo que parece ocorreu por iniciativa do propio persoal de limpeza no tempo de despois das eleccións, antes da elección do novo alcalde.

E aí vai o resume dun pleno abondo calmado e que resultou agradable polas fintas políticas, intraducibles ó papel, que alí se deron. Mágoa de unha mellor sonoridade. Apunto tamén que o portavoz da UPRI sae perxudicado no tema da audición, pois é con diferencia o que peor se oía, alomenos dende a posición na que esu estaba.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/09/18/pleno-s-oito/

#orzamentos #plenos #política

Pleno ás oito – Ribadeando

A frase aparecía onte nun artigo dunha persoa que non teño por revolucionario (máis ben, ó contrario) Timothy Garton Ash, pero non por eso deixa de ser crara e certeira, de manual, para quen pretenda influír dalgún xeito na política sen adicarse a ela como ‘profesional’. Ocorre que a dificultade está en como convencer ós cidadáns en saír á rúa por riba dos medos que invaden á cidadanía ós cambios, e ó poder establecido que teñen enfronte para logralos. Non deixa de asombrarme que fora posible o levantamento do pobo en situacións como as revolucións de Birmania, actualmente, ou de Solirariedade en Polonia hai varias décadas, por poñer só dous exemplos. E é que enfrontarse ó de todos os días, que aínda por riba está protexido polo poder establecido con todos os seus recursos, non é doado: hai unha barreira sicolóxica que vencer para dar o paso, a parte de chegar ó convencemento de que as cousas se poden cambiar.

Hoxe hai pleno en Ribadeo. Como lugar onde se decide moitas cousas sobre a cidadanía, un pleno debería contar cunha audiencia grande aínda nos casos máis anodinos. Dende hai un quinquenio que os sigo con certa asiduidade, raro é o pleno no que a audiencia sobrepasa o número de edís. Esta noite váise tratar do orzamento municipal. E xa sería unha pequena ‘revolución’ que o salón de plenos estivera cheo. Que a mesma interventora avise de que o orzamento (por certo, xa gastado na súa grande maioría, pois é o correspondente a este ano) aumenta unha débeda xa preocupante, parece caer sobre mollado. Que o secretario poda gañar máis do doble que o alcalde (dietas a parte, segundo parece; algo a confirmar) pasa como normal e desapercibido por aquelo de que os soldos son secretos e inviolables. Que poda estar comprometido no futuro soldo de ascensorista e mantemento de ascensor na Atalaia dise que non é deste orzamento. E así sucesivamente. E dicir o que estou dicindo tamén pode ser revolucionario e mesmo terrorista ou reaccionario (os calificativos, por contradictorios que sexan, son doados de aplicar)

Vémonos esta note no pleno?

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/11/12/sen-cidadns-na-ra-non-hai-revolucin-con/

#filosofía #FotosRíaDeRibadeo #orzamentos #sociedade

    O punto terceiro foi o da aprobación do orzamento xeral do concello… para este ano. É dicir, algo que tivera que estar feito a finais do ano pasado (e que xa se avanzou que tampouco estará listo o do próximo a finais deste, polo demais comprensible dada a data de aprobación do actual). Foi tildado en todo momento de presuposto-liquidación por ser xa unha aprobación a auga pasada, algo que pouco máis cabería dicir que tiña que ser aprobado por xa estar gastado. 

    Alí ían incluídos pagos de todo tipo, como o pago á SGAE pro actuacións diversas dende hai anos, e que representou varios millóns das antigas pesetas (quen queira información sobre o tema ten numerosos artigos en internet contra este pago que de feito representa un imposto inxusto, sobre o que non é a primeira vez que falo no blog). 

    Ben, este orzamento incluía o financiamento de varias administracións por actividade de todo tipo. Vaia por diante que foi aprobado con abstención da oposición, o que agradeceu o alcalde e máis ou menos xa estaba anunciado. Pero eso non quitou para que, tratándose de moitos cartos, non dera lugar a razonamentos e discusións diversas. Así, UPRi tildouno de irreal, inflado, sen redución de obrigas previas, con xeración de débeda, con incremento do atraso nos pagos, etc, incluíndo que vaian 475000€ a ‘gastos diversos’ e críticas curiosas como que o orzamento estea en castelán ou que coa cantidade de gasto de cultura teñamos as peores festas da rotonda. 

    A intervención do PSOE destacou que se absterían pola corresponsabilidade de gasto ata as eleccións nun orzamento que con 8600000€ é o máis alto da historia (habería que lembrar que os presupostos tenden a subir ano tras ano, pois a inflación tamén sube, pero resulta que en xeral van tamén por arriba da inflación), un orzamento tardío que representa un incremento do 8%. 

    O PP tildouno directamente de mal presuposto, contra o que votarían noutras circunstancias (que non aclararon pero suponse que se refería a que é ‘só unha liquidación’). Lembrou ó goberno que non procuraron acordo para levalo adiante, pero que ían ‘obrar con responsabilidade’. Compararon co orzamento do 2002 en diversos puntos, como o aumento de gastos correntes e persoal (entre ambos, 69% fronte ó 63% no 2002) e a diminución de inversións (paso do 25% ó 20%), así como resaltaron os 47000€ en gratificacións ou os 65000 en comunicacións, cadruplicando neste apartado ó 2002. Asemade, deron nota de que os ingresos estaban inchados, incluíndo un aumento de 12 veces nas multas de tráfico ou de 6 nas multas urbanísticas. 

    Naturalmente, houbo defensa, pero coido que máis por quedar ben que por necesidade. Un par de puntos dános que os móbiles dos concelleiros rebaixaron a súa factura, pero as comunicacións aumentaron polo ADSL das parroquias e cousas por estilo, e que o aumento do orzamento responde a partidas afeitas de anos anteriores, que andan por 500000€. 

    Todo isto, como é natural, con tintes políticos e de culpabilidades atribuídas a uns ou a outros. Pero nada máis. 

O pleno foi tratado en Ribadeando en varias entradas consecutivas:

Pleno ó 13 (primeira parte) 

Pleno ó 13 (segunda parte)

Pleno ó 13 (III)

Pleno ó 13 (IV)

Pleno ó 13 (V)

Pleno ó 13 (… e fin)

 

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2007/11/15/pleno-13-e-fin/

#orzamentos #plenos #política

Onte foron presentadas as contas do 2008 no concello. Por primeira vez en abondos anos, o resultado é positivo: gastouse menos do que se ingresou. É dicir, reverquiuse algo a débeda, nunha situación que coloca ó concello entre os máis endebedados relativamente de Galicia. É dicir, felicidades, pero para indicar que o traballo só fixo que comezar. Algo que non se lle escapou ó concelleiro de facenda ó presentar as contas, poñendo no horizonte do mandato actual do BNG a reducción á metade dos prazos de cobro dos proveedores. Algo que, visto dende fóra, podería mesmo abaratar as obras que se fan, cargadas cun plus a sabendas que non se van cobrar ata calquera sabe cando. Pero iso aínda queda no futuro.

Por certo, o orzamento deste ano é 8,5M€. As débedas, 2,3M€. O que avanzaron as contas o pasado ano foron 0,163M€. Botando contas, a iste paso quedarían uns 15 anos para quedar a pre, sen préstamos. Pero representan preto dun 2% de mellora sobre o monto total do orzamento de 2008, 9M€.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2009/08/13/aleluia-aleluia/

#economía #orzamentos

Aleluia! – Aleluia? – Ribadeando

Paso a nota do concello, sen comentar, e tendo en conta que é a visión de só unha das partes implicadas. Para un comentario, O Cargadoiro.

NO PLENO EXTRAORDINARIO CELEBRADO ONTE

Aprobados definitivamente os orzamentos de 2009

19/08/2009

Aprobados definitivamente os orzamentos municipais de 2009 en Ribadeo. O alcalde destaca a importancia de sacalos adiante e critica a actitude mantida por PSOE e UPRI xa que o único que pretenden é bloquear todo o que proxecta facer o goberno municipal.

Onte quedaron definitivamente aprobados os orzamentos municipais de Ribadeo para o 2009. Fernando Suárez destaca a importancia de sacalos adiante e critica a actitude mantida por PSOE e UPRI que o único que pretenden é bloquear todo o que proxecta facer o goberno municipal.O alcalde de Ribadeo relatou que “neste pleno extraordinario de onte, eu creo que o máis importante sobre todo para os veciños de Ribadeo é que os presupostos municipais de 2009 están definitivamente aprobados, dado que había tres reclamacións que foron desestimadas por 8 votos a favor do pleno. Ditas reclamacións contaban con informe desfavorable de Intervención municipal, dado que non era procedente a súa estimación”.

O rexedor segue a contar que “das tres alegacións houbo unha que foi moi debatida por todos os grupos políticos, singularmente polos da oposición que fixeron especial fincapé neso. Trátase dunha bolsa de diñeiro contemplada no presuposto para o convenio e para o reparto, segundo eles, entre unha serie de xente que cobra menos do que debe no Concello de Ribadeo. Nós sempre mantivemos a opción de, a través da RPT, facer un reparto xusto e equitativo, e aos grupos eso non lles vale e se mostraron moi belixerantes. Nós ao estar en minoría vímonos na obriga de aceptar unha proposta do PP para que antes do 31 de decembro deste ano cheguemos a un acordo cos sindicatos para repartir este diñeiro entre aquela xente que se sinta máis agraviada. É un tanto difícil saber qué xente se sinte máis agraviada, pero aceptamos o compromiso”. A Fernando Suárez resúltalle chamativo que “como alcalde convidei a todos os grupos da Corporación a que estiveran con nosoutros neste tema para entre todos designar ás persoas que están inxustamente remuneradas e por parte de todos os grupos da oposición rexeitaron esa oferta, polo que supoño que confiarán na capacidade do alcalde para chegar a acordos. En todo caso aceptamos e levaremos adiante este compromiso para desbloquear o asunto das retribucións a parte do persoal deste Concello”.

O alcalde ribadense tivo unha mención singular para “a actitude cada vez máis errática, cada vez máis indecisa por parte do grupo municipal do PSOE. Parece ser que aquí non seguen as directrices do presidente do goberno do Estado e máximo dirixente socialista, o Sr.Zapatero, no sentido de facilitar en todos os concellos, nestes tempos de dificultades económicas, que os presupostos poidan sair para adiante. Si aquí hai un mes deron un paso adiante facilitando a aprobación inicial coa súa abstención, agora deron dous para atrás e non levan a bó termo o que hai un mes iniciaron, xa que votaron en contra duns informes de Intervención e votaron a favor de que se estimaran unhas alegacións imposibles de levar adiante”. Fernando Suárez engade que “resulta curiosa esta actitude polo que veciños e votantes lles terán que preguntar a eles. Vese claro que hai uns grupos, PSOE e UPRI, que o único que queren é bloquealo absolutamente todo, seguen a doutrina de canto peor mellor, de que canto máis lle poidan bloquear a este goberno municipal mellor e desde logo a quen fastidian con esta actitude é aos administrados, aos veciños e ás veciñas de Ribadeo que neste caso se podían ver privados de ter un presuposto aprobado con todas as posibilidades que eso conleva. En todo caso, a pesares das diferencias hai outro tipo de xente que é máis razoable para chegar a acordos, desde logo”.

Suárez Barcia destaca “a importancia de sacar adiante uns presupostos sobre todo polos compromisos de inversión que adquiren, compromisos de ter fondos propios destinados a complementar outras axudas que están acordadas coa Xunta de Galicia, que é o que lles interesa aos veciños, como o núcleo de sostibilidade, o amaño de varias rúas. E non soamente os proxectos de inversión, senón que tamén afecta á actividade cotía, porque senón hai presupostos non se poderían sacar as subvencións culturais, as subvencións a entidades deportivas, as subvencións de todo tipo. Se un non ten os presupostos aprobados esto non pode funcionar e polo tanto resíntese o funcionamento xeral dun Concello. Xa digo, tivemos nalgún caso que facer cousas que non consideramos que sexan as mellores posibles pero dada a situación, dado que non contamos con maioría, tivemos que aceptar co fin de sacar os presupostos municipais adiante”.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2009/08/19/orzamentos-2009-sen-comentarios/

#economía #orzamentos #política

    Coido que o título é o resume do pleno de onte. 12 persoas asistiron a un pleno no que faltou Begoña (PP) e coido sobraron moitas palabras. Os desacordos foron máis aló de que uns e outros usaran diferentes verbas para referirse ó mesmo, a previsión das contas para o ano, que non se aprobaron.
    Aparte quedan as ameazas do goberno municipal de presentar unha moción de confianza se non se aprobaban: despois da votación, e ó levantarse a sesión, o alcalde pideu ós grupos que se quedaran para falar sen público. Se vai a haber a moción ou non supoño que se falaría alí. O caso é que a previsión de contas presentada máis cedo en moito tempo non serviu e terá que ser voltada a presentar, xa non tan cedo.
    A destacar? Antes de facer a cousa máis en detalle, quizáis destacaría algo que saiu perto do fin do debate: no informe da interventora incluíase que de continuar as cousas no camiño comezado no 2008 podería falarse de recuperación financieira do concello máis pronto que tarde.

    Votación, 4 a favor, 8 en contra.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/05/19/orzamento-non-presuposto-tampouco/

#economía #orzamentos #plenos #política

Resultados da busca de «label/plenos» – Ribadeando

Despois de botar contas sobre o mundial atopei onte tamén a nova do gasto que suporá para a Xunta a visita do Papa. Visita que non inclúe unha noite en Compostela, pois irá durmir a un lugar non sei se máis santo, Barcelona. A cousa din que supón 2 M€ (por otro lugar atopei 4 M€, pero vou coller a cifra máis pequena…). Botando contas, supera para Ribadeo as cifra de primas do mundial de fútbol, pois a cota ribadense vaise ata os 7 k€, 7 000 euros que case duplican a cifra anterior (a lembrar que son só as primas se ganan o mundial, para o que onte deron o penúltimo paso ó derrotar a Alemaña)

De calquera xeito, en Ribadeo téñense visto últimamente sobrecustes superiores. Aí están os 13 000 € a aboar ó anterior alcalde despois por un par de meses de ocupación de cargo, por exemplo (aquí, ou aquí, ou …)

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2010/07/08/mais-sobre-orzamentos/

#economía #orzamentos #política

20081021 Petición extemporánea de Balbino Pérez

O VOCEIRO DO BNG, VICENTE CASTRO, CONSIDERA QUE CHEGA FORA DE TEMPO A REVISIÓN PLANTEXADA POLO EX ALCALDE, BALBINO PÉREZ VACAS, RECLAMANDO O...

Collo datos un xornal de onte e uso proporcionalidade … a cota de evasión fiscal dunha poboación equivalente a Ribadeo sería 16 M€, isto é, case dobre que o actual orzamento do concello.

Como a maioría do fraude corresponde a grandes empresas, e en Ribadeo actúan pero non están baseadas, axusto máis:

A cota de fraude só das pymes acadaría os 2 M€. Unha cifra abondo máis reducida, pero que, volta de novo a comparar co orzamento do concello, solucionaría a débeda en cousa dun par de anos (e xa sabemos que eso da débeda ribadense ‘varía’ segundo quen a mire).

En canto ós autónomos, a cota do fraude acadaría outro M€. Non aparecen cifras no artigo do que defraudan os particulares …

Tamén de xeito proporcional, o orzamento para combater o fraude que sería proporcional ó tamaño de Ribadeo sería 260 000 €.

Mentras, quedámonos sen todas esas cantidades. E sen prestacións, que se quitan principalmente a quen non defrauda (case se diría que canto máis defraude, menos prestacións se lle quitan).

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/01/14/fraude-e-ribadeo/

#economía #orzamentos #sociedade

Fraude e Ribadeo – Ribadeando

Onte xoves 27 de xuño tivo lugar a Asamblea anual da Asociación Puente de los Santos. Como cada vez vai menos xente, houbo dificultade de quorum que se solucionou ó final, comezando máis ou menos en tempo, contra o que pasara a última asamblea (2012). Algo que foi lembrado porque nesa última vez fixen que constara en acta a queixa, e nesta como xa digo, comezouse máis ou menos en tempo.

A actividade referida para o último período foi de xeito exclusivo o proxecto piloto das fincas de frotos silvestres, en Arnao – Castropol e no Fielato – Ribadeo. Na primeira, de propiedade pública (municipal) preparada para Arándanos e a segunda, 1 ha alugada á Cooperativa Os Irmandiños, para grosella e algo de mora e frambuesa.

A finca de Castropol en Arnao; a balsa está excluída, na parte dereita.

A titularidade do proxecto Un puente a tu salud 2.0 corresponde á propia Asociación, que está levando por tanto as tarefas que corresponden ó emprendedor dunha empresa. Na finca de Castropol o que se fixo foi o acondicionamento dunha última parcela, de 2ha, estando o resto (case outras dez, incluíndo a balsa) xa listo. Mentras, na do Fielato, alugada dende o 1 de xullo de 2012 ata o 31 de decembro de 2016 (con posibilidade de próroga ata dous anos despois) aínda se está en preparación. O mal tempo ten retrasado as labores de prantación ata o outono, que non é a mellor época, pero dado que as plantas veñen xa cun certo tamaño e enraizamento, non se prevén dificultades. De novo, son moitas as cousas da memoria que non tiven tempo para ver e detallar aquí e que foron resumidas na asamblea, entre as que están por exemplo a adicación de dous peóns ás labores das fincas ou a realización de xuntanzas periódicas coa empresa que leva a parte técnica (e parece ser que no seu momento, se chega, comercial).

Nas contas, detallouse que debido á diferenza de superficie, o 10% que ten que poñer a asociación está repartido no 83,34% de Castropol e o resto de Ribadeo. A verdade, crin en principio que a porcentaxe se debía a territorio municipal, pero decateime e logo comprobei en internet, que se trataba de terreo das fincas respectivas. Así, dese 10% de orzamento para 2013, 25 928,76 €, corresponderían 21 616 a Castropol. Nas contas habería que entrar en máis detalle dos diversos apartados, como a participación dos concellos no pago dos xuros ó recibir as subvencións despois de gastados os cartos, pero quedará así polo momento.

O proxecto piloto ten anualidades de 15N a 15N, mentras que as contas presentáronse por anualidades, o que fai que a imputación de custes varie algo de xeito interanual. Por certo, o proxecto remata este ano, co que de novo a Asociación queda un pouco a velas vir cara ó futuro.

En Rogos e preguntas saiu o tema da participación das diversas entidades a máis dos concellos, a conta das contas, é dicir, a proposta de que cada entidade puxera de xeito proporcional ó poder de voto unha parte proporcional do orzamento, procurando así unha unha maior implicación na vida social ó ter cartos ‘invertidos’. A cousa, proposta por min, quedou así, sen máis, despois dunha serie de intervencións, nas que se destacaron temas como que en plena crise se ás entidades se lles pide cartos, por poucos que sexan, se botarían atrás e o que se pretende é precisamente a participación, ou o feito curioso de que mentras houbo cartos da UE, houbo xente interesada e case peleandose por entrar na diretiva, mentras que cando se acabaron, desapareceron non só da directiva, senón da asociación. O caso é que os asistentes á xuntanza, que rematou ás 8 de cuarto, poidéronse sentar na mesa de plenos e sobraron sitios. Por certo, non había mulleres. De calquera xeito, os alcaldes, que ostentan o 50% do voto entrambos, tomaron o compromiso de reunir ás diferentes ‘mesas’ representadas na directiva para a renovación de cargos e mobilización do apoio social.

Nota: A estrutura de representación vai a traverso de mesas sectoriais, cada unha cunha asignación de porcentaxe de voto, que se reparte entre as entidades que a constitúen. Por exemplo a mesa de asociacións culturais coido lembrar que ten un 5% de representación, que se traduce nun representante na directiva e unha porcentaxe de voto de cada asociación dentro da ‘mesa’.

E ben, que vai pasar despois de que remate este ano o proxecto piloto? E despois de que se reintegre a finca ós Irmandiños?

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/06/28/asamblea-da-asociacion-puente-de-los/

#economía #orzamentos #sociedade

Asamblea da asociación 'Puente de los Santos' 20120629

A ' Puente de los Santos ' é unha asociación que veu a luz con JC Andina de alcalde de Ribadeo, constituída para promover o desenvolvemento ...