A Xunta de Feijóo contratou ao despacho de Montoro un informe co que aguilloou a fusión das caixas - Praza Pública
O Goberno galego contratou entre 2009 e 2011 trece informes ao despacho que fundou o ex-ministro, no centro da investigación por presunta corrupción, que suman algo máis de 172.000 euros. Segundo a relación entregada por Facenda ao BNG, un dos traballos encargados centrouse na "situación económico financeira" de Caixanova e Caixa Galicia nas semanas en que o ex-presidente comezaba a pular por que se unisen esgrimindo un "estudo concienzudo" ao respecto