https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/obradoiro-pr%C3%A1ctico-sobre-redes-sociais

Obradoiro práctico sobre redes sociais
Profesionais expertos impartirán unha xornada práctica na que, ademais de estratexias de comunicación en redes, se abordará o papel da Intelixencia Artificial no sector, un factor que mudou por completo as regras do xogo no xornalismo actual. Durante o encontro analizarase como os novos bots non só indexan contido, senón que o absorben e transforman en resumos inmediatos, reducindo o tráfico cara aos sitios orixinais.


