pois fai ben
Amalia Bóveda non irá á inauguración de «A derradeira leición do mestre» pola negación da memoria de PP e VOX1
Bóveda subliña, por exemplo, que "resulta dunha profunda hipocrisía institucional ir perante o cadro máis simbólico do noso exilio e represión e votar en contra de institucionalizar o 17 de agosto como o Día da Galiza Mártir". Así mesmo, considera "intolerable" o "branqueamento político daqueles que hoxe se autoproclaman galeguistas mentres defenden pactos e acordos con partidos de extrema dereita", en referencia aos acordos do #PP con #VOX.
"É unha ofensa directa á memoria de quen deu a vida pola liberdade e a democracia en #Galicia que se pretenda inaugurar un cadro contra o #fascismo coa man tendida aos herdeiros ideolóxicos e valedores da ditadura", engade". Amalia Bóveda di que "a memoria maila lección de meu pai e de #Castelao, xunto co legado do #galeguismo exiliado e asasinado non son mercadoría electoral nin un decorado para o cinismo político. Non podo acompañar a quen, cos seus votos, actos e pactos diarios, nega a realidade histórica e institucional do que ese cadro representa".
Mira, cando vexas a Rueda dando discursos paseando entre debuxiños de Castelao e penses: «mira que hipócrita». Amalia pensa o mesmo.
https://gl.wikipedia.org/wiki/A_derradeira_leici%C3%B3n_do_mestre «No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego» ↩︎