Hoxe as #MulleresBravas de #Honduras marchan de Galicia despois de 8 días que non esqueceremos.
Onte,con mariscadoras do Río Anllóns,falaron das problemáticas de Honduras como contaminación polas empresas que crían langostinos,e de Galicia,a gran mortandade polas choivas intensas.
Despois,subida a #MonteNeme, territorio de extractivismo, con #SendaNova e Rede Decrecemento #Carballo que logo nos acolleron para xantar e falar no #casino1889.
Grazas Maigra e Esther,por compartir a vosa valentía🌊🌱
📺 Unha veciña de #Carballo celebra 100 anos en familia e cunha saúde envexable | https://www.g24.gal/-/unha-vecina-de-carballo-celebra-100-anos-en-familia-e-cunha-saude-envexable
Unha veciña de Carballo celebra 100 anos en familia e cunha saúde envexable - G24

Carmen Souto vive na mesma parroquia de Oza en que naceu en 1926 Está áxil e ata que enfermou da covid duchábase soa

G24

Hoxe en #Carballo cacharreando no Casino, no obradoiro de reparación colectiva #RepairCafe.

Arranxamos:
- interruptor de dremmel
- cambiamos un hdd por un ssd + instalacion linux
- cambiamos unha camara e cuberta de bici
Pero o mellor foi atoparse con xente riquiña. Atentas, que seguro que haberá máis!

Polo #DereitoAReparar #righttorepair

As #MulleresBravas de #Honduras, Maigra e Mª Esther, xa están en Galicia!😍

Compartimos a axenda para que non perdas de coñecelas😉

Estarán en #ACoruña, #Vilagarcía, #Compostela, #Vigo, #Lalín e #Carballo

Para calquera dúbida loxística ou para anotarte a algún dos xantares fálanos🌞

📺 Un neno de dous anos falece en #Carballo tras atragoarse cun caramelo de goma | https://www.g24.gal/-/un-neno-de-dous-anos-faleceu-en-carballo-tras-atragoarse-cunha-gominola
Un neno de dous anos falece en Carballo tras atragoarse cun caramelo de goma - G24

Desde o servizo de emerxencias 112 Galicia confirmaron que sobre as 20:25 horas do sábado, día 28, recibiuse o aviso a través de Urxencias Sanitarias 061 Segundo as fontes consultadas, non foi posible xa salvarlle a vida, a pesar de lograr...

G24
🔔#Earthquake (#terremoto) M2.1 strikes 28 km NW of #Carballo (#Spain) 48 min ago. More info: https://m.emsc.eu/?id=1953174

📣🛠Espazo de Reparación Colectiva de Obxectos Domésticos

📅 Sábado 7 de marzo. 11:00-14:00h
📍Casino de #Carballo

Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo...

#ESFpro #DereitoAReparar #DerechoAReparar #Right2Repair

🐱💛 Paola busca fogar

Apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa… e hoxe é unha pequena branca nuclear, doce, xoguetona e moi cariñosa
Está testada, vacinada e castrada.

Non a puxemos antes en adopción por dous motivos:
— Recuperar ese branco levou o seu tempo 😅
— E porque cada vez custa máis que alguén mire a gatos de máis de 6 meses…

E é unha mágoa. Porque adoptar un gato desta idade significa:
• Test de enfermidades fiable
• Carácter xa coñecido
• Adaptación máis estable
• Moito amor (igual ou máis)

Paola agarda a súa oportunidade 🐾

https://olegadodemax.org/animais/paola/

#AdoptaNonCompres #AdopciónFelina #GatosAdultos #OlegadodeMax #Carballo

Máis ideas para agasallar este San Valentín… e ademais con causa solidaria

Na nosa tenda atoparedes pulseiras, colares, aneis, packs detalle, chaveiros e moitas cousiñas feitas con agarimo

Agasallos bonitos que axudan directamente aos nosos animais 🐶🐱

📍 Tenda solidaria
Rúa Sol, 23 — Carballo

Pasade vernos, sempre hai algo especial agardando
Grazas por apoiar

#SanValentín #AgasallosSolidarios #Carballo #OlegadodeMax #AdoptaNonCompres

Charla solidaria de primeiros auxilios en Carballo

Da man de O Legado de Max organizamos unha sesión práctica, útil e adaptada á vida real, impartida por un enfermeiro especializado en emerxencias.

Sábado 28 de febreiro
11:00 – 13:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa (Carballo)

Inclúe manual básico + bolsa solidaria
Donativo: 15€ íntegros para a protectora

⚠️ Prazas limitadas — inscrición previa:
https://forms.gle/hv3YjN9JH98zbStD6

#Carballo #PrimeirosAuxilios #Protectoras #AdoptaNonCompres #Solidariedade