Se andades por Lausanne adiante: hoxe as seis da tarde, conferencia do lendario Antón Santamarina sobre a lírica popular e o papel de transmisión das cantareiras.
Se andades por Lausanne adiante: hoxe as seis da tarde, conferencia do lendario Antón Santamarina sobre a lírica popular e o papel de transmisión das cantareiras.
#DiaDasLetrasGalegas2025 #LetrasGalegas2025 #Cantareiras #Cantigueiro #CancioneiroPopularGalego #DorotheSchubarth #AntónSantamarina #APOI
Antón Santamarina é autor, xunto a Dorothé Schubarth, do Cancioneiro popular galego. Ten parte de responsabilidade na decisión da Academia e confesa que nunca antes viu tanto entusiasmo arredor da celebración das Letras Galegas como este ano, dedicado á poesía popular oral e ás cantareiras. Lingüista especializado no ámbito da lexicografía, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela, académico na Real Academia Galega e membro do Instituto da Lingua Galega; sen as súas achegas sería impensable estar festexando estas Letras
Colección Schubarth-Santamarina do APOI (Arquivo do patrimonio oral da identidade)
http://apoi.museodopobo.gal/view/coleccion/Schubarth-Santamarina.html
#LetrasGalegas2025 #Cantareiras #CancioneiroPopularGalego #DorotheSchubarth #APOI
Acabo de ler a un par de persoas con opinións diferentes sobre a decisión de adicar as Letras Galegas deste ano ás cantareiras que non tiñan obra literaria, que eran transmisoras.
Pero segundo este argumento, Homero tampouco tiña obra literaria. Nin o sería o Poema de Gilgamesh, así como a maior parte da literatura épica arcaica.
Pódese considerar literatura as recompilacións de mitos (gregos) como a que fixo Apolodoro? E os poemas medievais anónimos coma o Cantar dos Nibelungos ou as lendas artúricas, que o foron antes de que certos autores puxesen escritas versións de seu?
Dous traballos audiovisuais con máis de 40 anos entre si reflicten a transmisión da música tradicional á que rende homenaxe o Día das Letras Galegas, dende as recolleitas e o privado aos públicos masivos: unha histórica peza documental de Tereixa Navaza en 1983 coas Pandeireteiras de Mens que vén de recuperar RTVE e a serie 'Non canto por cantare', que Irene Pin estrea en Agalega.gal
A quen lle importa Eurovisión cando hoxe hai Foliada.
#DiaDasLetrasGalegas2025 #LetrasGalegas2025 #Foliada #Cantareiras
Cousiñas lindas que fai a nosa loaira Berta reciclando teas coa creatividade dos corazóns q a habitan. Toda unha homenaxe as cantareiras para este #diadasletrasgalegas 🤩
Con ela fará unha rifa e a colecta irá para unha asociacion de mulleres de comunidade maya en mexico para q os cantos galegos se tezan con fíos interseccionais💗✨
#mastoart #creativity #galiza #aturuxo #bruxa #Ancestras #artesania #galega #cantareiras #musicatradicionalgalega #interseccional
Carme da Pontragha: "Non me ensinaron só a cantar, ensináronme unha maneira de estar no mundo"
#LetrasGalega #CarmedaPontragha #Bouba #Cantareiras #LinguaGalega #Galego #Neofalantes