Empacho de lasaña de lentellas #BoNadal
Este Nadal quero desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo 2026 desde a ilusión colectiva e a esperanza teimuda de quen cre que o mundo pode ser máis xusto. Que estas datas nos sirvan para lembrar que os dereitos conquístanse xuntas, que o feminismo, a solidariedade e a dignidade non se negocian, e que fronte ao egoísmo sempre hai unha maioría social que quere coidar, compartir e avanzar.
Bo Nadal e adiante no 2026.
Zora é unha avogada afgá. Coa chegada dos talibáns o seu novo fogar está en Sobrado dos Monxes, xunto con outras 3 familias acollidas por #AMaristela.
Agora Zora é unha máis no coro de #AMaristela. Deixounos esta panxoliña.