#receita exportada directamente desde  #nextcloud 🧑‍🍳 #cookbook

Madalenas de requeixo e arandos

A voltas co prato

Cociñeira: 🧑‍🍳 Merchi Rodal

Preparación: 15 min
Cociñando: 35 min
Total: 50 min

Ingredientes para 12 racións

• 250 gr. de requeixo
• 150 gr. de manteiga
• 150 gr. de azucre
• 3 ovos
• 300 gr. de fariña
• 15 gr. de lévedo en po
• 120 gr. de arandos
• 1 reladura de limón

Utensilios

• relador
• culler grande
• espátula
• cunco de vidro
• batedora eléctrica
• forno

Elaboración

1.) Cortamos a manteiga en anacos e comezamos a batela coa batedora e imos engadindo o azucre e a reladura de limón, porque así reparte mellor o aroma.

2.) incorporamos o requeixo e despois os ovos un a un. Finalmente engadimos a fariña co lévedo pasada pola peneira, remexendo a mistura coa culler intentando que sexa homoxénea. No último momento incorporamos os arandos limpos e secos.

3.) Repartimos a masa nos moldes de papel e levámolas ao forno: a 180ºC durante uns 35 minutos.

Opcións

  • pódese usar aceite de oliva suave no lugar da manteiga (a mesma cantidade)
  • ao sacar as madalenas do forno, aínda quentes, pódeselle engadir por enriba unha culledariña de azucre con zume de limón

Vídeo de A voltas co prato do 5 de xuño de 2026

Están encoñados co p... IG así que hai que liberar as receitas para o ben común 💪 (CC0)

#madalenas #repostería #larpeirada #arandos #requeixo #avoltascoprato #muffins #blueberry #cream

this #homemade #yogurt batch comes with #blackberry #marmalade 😋 😋

desta volta a ceifa do #iogur ven con #marmelo de #arandos 😋 😋
this #homemade #yogurt batch comes with #blackberry #marmalade 😋 😋

desta volta a ceifa do #iogur ven con #marmelo de #arandos 😋 😋
(wannabe) blueberries #blueberry #arandos fotos da #horta