Xantar reivindicativo 1 de maio
CGT Vigo, venres, 1 de maio, 13:00 CEST
Este 1 de maio, despois da manifestación unitaria do sindicalismo combativo, terá lugar un xantar reivindicativo diante do local de CGT Vigo no número 24 da rúa Teixugueiras no barrio vigués de Navia a partir das 13:00 horas.
O evento contará coa música dun DJ Medicore e haberá petiscos vexetarianos e carnívoros.
https://vigo.acontece.gal/event/xantar-reivindicativo-1-de-maio










