📰
«Xogalego é un catálogo de videoxogos traducidos ao galego!»
🔗
https://proxy.jesusysustics.com/2026/01/28932/
Catálogo de videoxogos en galego | Xogalego
https://xogalego.gal/ Coma din na súa presentación, Xogalego é un catálogo de xogos traducidos ao galego moi necesario debido á ratio de información falsa recollida en tendas de xogos coma Steam ou Itch.io. Ademais non se conforman con ofrecer unha listaxe básica senón que en cada xogo temos información coma a súa páxina web, redes sociais, unha breve descrición e mesmo imaxes.
Dende aquí quero desexarlle unha curta vida a este proxecto (agarda, aínda non rematei a frase) coma resultado dun cambio radical no que as tendas e produtores de videoxogos comecen a tomarse en serio este tipo de información. Mentres tanto, paréceme unha marabillosa idea.
Aproveito a ocasión para recomendar un par de xogos creados na terra: Tiny Garden, un Poly Pocket de granxas; e Super Wooden GP II, un xogo retro de carreiras de coches (do que teremos nos próximos días unha nova versión, Super Woden: Rally Edition).
#️⃣
#directorio #enGalego #galego #juego #traducción #web