🔔#Earthquake (#terremoto) M1.7 strikes 25 km E of #Vilalba (#Spain) 1hr 4min ago. More info: https://m.emsc.eu/?id=1832347
🍎🌿Nova edición do CURSO DE ENXERTO E PODA do #SindicatoLabregoGalego
Bulide, que xa está aberta a inscrición! 🙂
🗓️O 8 (PODA) e 9 (ENXERTO) de marzo
⏰De 10 a 14h. e de 16 a 18h.
📍Local social da Pedragosa (#SanSimónDaCosta #VILALBA)
Inscricións:
☎️604 026 536 (Andrés) e 669 254 677 (Iván)
📩[email protected]
#MedioRuralVivo
#EnPéDeLoitaLabrega pola #Agroecoloxía e a #SoberaníaAlimentaria‼️
Aparecen en Vilalba novas placas de homenaxe a persoeiros históricos

Comando Roi Xordo reivindica estas accións, coas que pretende recoñecer a "veciños que loitaran contra as inxustizas". Nicolás de Castro Bolaño e Silvia Mistral únense aos irmandiños

El Progreso de Lugo

#Vilalba acolle a "I Xornada de Patrimonio Inmaterial", organizada polo CCG e o Instituto de Estudos Chairegos

https://neofalantes.gal/arquitectura-e-cerimonias-co-son-da-regueifa-de-fondo-vilalba-acolle-a-i-xornada-de-patrimonio-inmaterial/

Arquitectura e cerimonias co son da regueifa de fondo: Vilalba acolle a "I Xornada de Patrimonio Inmaterial" - Neofalantes

Con motivo da celebración do Día Internacional do Patrimonio, o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), organiza a “I Xornada de Patrimonio Inmaterial” na que serán abordados o patrimonio oral, ritual e cultural. A cita ten lugar en Vilalba e pon comezo a tarde deste venres, a partir das…

Neofalantes

De http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12438.php por Xulio Xiz

Antoñito do Constante

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Este amigo que xa descansa no
cemiterio vilalbés chamábase Antonio Gregorio, pero como seu pai
-Constante Gregorio- foi coñecido e estimado tratante en gando e
carniceiro na capital vilalbesa, e Antonio ao terse
incorporado a ese labor desde moi novo, os vilalbeses asignámoslle o
nome de “Antoñito do Constante”, e ese nome acompañouno ata as esquelas
mortuorias.

Era un home xeneroso, bo, afable, culto, lector, amigo… Eu nacín sendo
amigo del, porque miña nai procedía da mesma aldea –O Freixo, de As
Pontes de García Rodríguez- e para min o “Señor Constante” era un santo
varón que camiñaba polas rúas vilalbesas e percorría a zona rural nun
permanente saudar, camiñar entre amigos, falar e escoitar, sempre cun
sorriso que falaba máis que calquera exposición verbal, sempre co
respecto escrupuloso polos tratos e polas xentes.

E a continuación, veu “Antoñito”, que por idade daquela respondía ao diminutivo… e conservouno ata os oitenta e seis anos.

Nos meus tempos máis mozos, a casa do Constante era a única do contorno
que tiña teléfono, e alí acudíamos para as urxencias. E na miña
infancia eu alucinaba, porque Antoñito tiña un despacho cheo de libros,
un ben escaso daquela, o que facía que aos meus ollos “Antoñito do
Constante” fose unha persoa diferente, nun mundo daquela xeralmente
iletrado, que disfrutaba dunha cultura que cultivaba a cotío.

Eu deixei Vilalba hai cincuenta anos. Daquela, para min, Antoñito tiña a
vetusta idade de trinta e seis. E seguimos véndonos de cando en cando,
sabendo un doutro, incorporando a aquela vella amizade á súa dona,
Mercedes, á que fóra conquistar a Rábade, e entrambos formaron a parella
perfecta cara adentro e cara afora… porque a afabilidade multiplicouse
por dous.

E viñeron os fillos, dos que teño que mencionar, por anos –aínda que é
ben máis novo ca min- ao Tucho, Antonio Gregorio, que en Ribadeo asentou
profesionalmente como profesor e activista social, e netos dos que teño
que mencionar unha neta que hai ben anos xa gañou un premio de debuxo
no Certame da Biblioteca de Lugo, do que eu son Xurado desde hai un
cuarto de século.

A última vez que vin a Antoñito do Constante foi o pasado agosto, na
homenaxe a Domingo Goás que a Xuntanza de Chairegos en Madrid lle rendeu
en Vilalba. Con el e con José Ramón Álvarez Graña (José Ramón do
Acisclo), falamos todo o tempo de Vilalba, das xentes, dos tempos… Non
podía imaginar que ía ser a última vez que falásemos.

Un traidor inimigo atacouno sen piedade hai moi pouco tempo, e
levóunolo, dándonos a ocasión de comprobar na igrexa e no cemiterio
canta xente quería darlle o último adeus.

Máis non quero esquecer o que miña nai me ten contado de Antoñito, un
defecto, que repetía sempre que falaba del: O que lle pasa a Antoñito,
dicía, é que é demasiado bó. E así leva os tropezóns que leva ás veces
por confiar en xente que non merece confianza.

O pasamento de “Antoñito do Constante” foi, para min, unha perda
familiar. E como o que me afecta tan directamente procuro deixalo por
escrito, a xeito de testamento vital, deixo anotado en negro este quince
de xaneiro, día da súa morte, no calendario que rexe as miñas emocións e
os meus sentimentos. Que a paz que sempre impartíu, repartíu, o
acompañe sempre.

 

 

Antonio Gregorio Carballés, Q.E.P.D.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/01/28/meu-pai/

#sociedade #vilalba

Antoñito do Constante | Xiz, Xulio | Galicia Digital

Este amigo que xa descansa no cemiterio vilalbés chamábase Antonio Gregorio, pero como seu pai -Constante Gregorio- foi coñecido e estimado tratante en gando e carniceiro na capital vilalbesa, e An ...

Supoñamos que queres facer unha viaxe a Vilalba e non tes coche. Hai anos, sen autovía, tiñas 3-4 servicios diarios, coa empresa Ribadeo ou sucesoras. Vexamos agora na Arriva que servizos hai mañá martes:

Ah! que non hai… Si podes volver, por Foz, o que alonga a viaxe ata máis de hora e media, como nos tempos nos que a estrada da Xesta non estaba ninmarcada con líneas…

Por certo, a web está en galego, como podes comprobar: http://arriva.es/index.php?option=com_buscalineas&view=resultados&Itemid=86&pOrigen=494&pDestino=551&fecha=24/11/2015&lang=gl Non deixa de resultar un galego un pouco curioso.

Pero tes outra oportunidade, porque por Ribadeo e Vilalba pasan tamén autobuses da empresa ALSA. Imos aló.

Aquí tes o enderezo. Tenta procurar un servizo entre Ribadeo e Vilalba. Verás que non existe. E logo? Pois polos termos da concesión (concesións que se facían en época de Franco e que a transición conservou con outras moitas cousas), o servizo Ribadeo-Vilalba está asignado a outra empresa. de calquera xeito, ó mellor nos permiten facer trampa, vir dende Vilalba cobrándonos o billete ata Navia e baixarnos na parada de Ribadeo, que si que para… Probemos:

Pero… un momento! Se resulta máis barato e máis rápido ir de Vilalba a Navia ou viceversa que de Vilalba a Ribadeo!

Coido que xa teño repasado o tema das concexións internas para transportes dentro do concello. Vexamos que nos di na web de Eocar:

1 servizo ó día. E pola tarde? Ou subir pola mañá para baixar a mediodía?

Temos tamén, servido por Arriva, o aservizo pola moito máis poboada bisbarra costeira:

Nótase a diferencia, verdade? diría que os servizos hai que agradecerllos ó hospital da costa, ese que pouco a pouco vai perdendo autonomía e servizos (a pesar de que algún poda aumentar). Por certo, neste tramo compite con Feve:

O mesmo que antes, agora hai que deberlle o tema ó hospital. Neste caso, atopámonos ademais cun detalle: o custe do tren é a tarifa mínima, se non, sería máis barato que o bus… e máis rápido.

Poderiamos seguir, vendo que o tempo que se tarde en ou dende Oviedo no baixou moito dende hai 50 anos, pero iso queda para outro día. Por hoxe os datos dan que pensar. Por exemplo: Como combater o cambio climático usando o coche particular. Ou como moverse sen carnet de conducir. Ou Por que combaten as empresas a entidades como Blablacar.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2015/11/23/ribadeo-e-racionalizacion-do-transporte/

#sociedade #tren #vilalba

Hai tempo recibo información sobre os movementos de OKFN.es, Un grupo activista con obxectivo de apertura do coñecemento, en particular a traverso da apertura, transparencia e liberdade de datos. É a traverso deste grupo que chego a unha iniciativa que ven de hai tempo pero que foi mellorando ata a actualidade, gobierto. Iniciativa que na actualidade está tentando facer transparentes o orzamentos municipais. Traduzo o parágrafo de presentación nunha das súas páxinas, que parece dirixido ós representantes no concello, pero vai dirixido a toda a poboación:

O orzamento é un dos temas que máis chama a atención dos cidadáns. Se publicas o teu proxecto de orzamentos nun PDF de deceas
ou centos de páxinas estás cumprindo coa Lei de Transparencia pero,
¿realmente iso te está a axudar a conectar cos teus veciños?

O desenvolvemento é amplo na actualidade, cun blog (última entrada: “Presupuesto vs. Ejecución: Análisis de la desviación de los presupuestos municipales y el gasto real” ou a oferta ós concellos para a instalación dunha ferramenta que visualice os datos do orzamento na web municipal, pasando pola oferta dunha guía, ‘conectando con tus vecinos‘, descargable de xeito libre, ou a comparación de orzamentos municipais entre varios concellos.

Un exemplo, cos orzamentos de Ribadeo 2015. Aí van varias capturas de pantalla, ampliables, e algún pequeno comentario. Para máis, mellor pasarse pola web e ‘xogar’ un pouco con ela.

Gasto por habitante comparado coa media dos concellos a nivel Lugo, Galicia e España, nos últimos anos:

Reparto o orzamento entre diferentes partidas contables, de xeito gráfico e en táboa:

Un apartado particular, xunto con posibilidade de participación (‘levanta a man’, ‘pide ó teu concello’):

Unha vista particular sobre o gasto en servizos públicos cos niveis provincial, galego e estatal:

Os gastos, en partidas ‘identificables’

 A comparación con outro concello; neste caso, elixín Ribadeo e Vilalba:

E unhas cantas cousas máis, que podemos contribuír a mellorar pedindo.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2016/05/26/abrindo-o-conecemento-contas-de-ribadeo/

#estatísticas #orzamentos #política #sociedade #vilalba