De súpeto, o ruído enférmame. Como facía eu antes?
Eu tamén saín de festa. Fun a discotecas e movinme entre aglomeracións. Eu tamén estiven en concertos e locais nos que falar era todo un reto. Agora, pola contra, resúltame inimaxinable meterme neses ambientes. Resúltame pouco desexable. Resúltame incrible que algún día o fixera. Como facía eu antes para facer tantas cousas tan estimulantes? Estoutro día estiven falando cunha amiga que se facía a mesma pregunta. Semella que non é cousa dunha soa persoa, que somos moitas as […]https://blogs.amarinha.gal/lucia_ferro/2025/05/28/de-supeto-o-ruido-enfermame-como-facia-eu-antes/
