🐱💛 Paola busca fogar

Apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa… e hoxe é unha pequena branca nuclear, doce, xoguetona e moi cariñosa
Está testada, vacinada e castrada.

Non a puxemos antes en adopción por dous motivos:
— Recuperar ese branco levou o seu tempo 😅
— E porque cada vez custa máis que alguén mire a gatos de máis de 6 meses…

E é unha mágoa. Porque adoptar un gato desta idade significa:
• Test de enfermidades fiable
• Carácter xa coñecido
• Adaptación máis estable
• Moito amor (igual ou máis)

Paola agarda a súa oportunidade 🐾

https://olegadodemax.org/animais/paola/

#AdoptaNonCompres #AdopciónFelina #GatosAdultos #OlegadodeMax #Carballo

Máis ideas para agasallar este San Valentín… e ademais con causa solidaria

Na nosa tenda atoparedes pulseiras, colares, aneis, packs detalle, chaveiros e moitas cousiñas feitas con agarimo

Agasallos bonitos que axudan directamente aos nosos animais 🐶🐱

📍 Tenda solidaria
Rúa Sol, 23 — Carballo

Pasade vernos, sempre hai algo especial agardando
Grazas por apoiar

#SanValentín #AgasallosSolidarios #Carballo #OlegadodeMax #AdoptaNonCompres

Tajer busca familia

Tajer ten 2 anos, é un can mediano, moi cariñoso e con moitas ganas de querer e ser querido.
Non é un can complicado: aprende rápido, é bo compañeiro e só necesita alguén que aposte por el de verdade.

Pasou por máis dunha familia e agora merece unha segunda oportunidade real, desas que son para sempre.

📍 Está en Carballo
👉 Coñece a súa historia e como adoptalo aquí:

https://olegadodemax.org/animais/tajer/

#AdopciónResponsable #AdoptaUnCan #Carballo #Galicia #OlegadoDeMax #SegundaOportunidade

Tajer

O Legado de Max

¡Xa están de volta!

Volven as super ofertas da tenda solidaria de O Legado de Max

Enche unha bolsa de roupa, bolsos e calzado e lévaa por un prezo incrible.

👜 Bolsa pequena: 5 €
🛍️ Bolsa grande: 10 €
📍 Rúa Sol 23, Carballo

Toda a info, nas imaxes 👀

Mercando aquí colaboras directamente coa protección e coidado dos nosos animais. Grazas por apoiar

#TendaSolidaria #OlegadoDeMax #Carballo #AxudaAnimal #Galicia

🐾 Bingo busca fogar 🐾

Bingo é un cachorro dun ano, moi activo, cariñoso e sociable con outros cans e con nenos.
Pensamos que será máis feliz nunha casa con finca, onde poida correr e desfrutar ao seu ritmo.

📍 Está en Carballo (A Coruña)

👉 Se queres coñecelo e ofrecerlle unha familia, aquí tes toda a info:

https://olegadodemax.org/animais/bingo/

#AdopciónResponsable #AdoptaUnCan #Cachorro #Galicia #Carballo #OlegadoDeMax

Bingo

O Legado de Max

Plumas é unha setter nova cunha historia dura… e moitas ganas de vivir.
Ten uns 9/10 meses, é agarimosa, activa e sociable con outros cans. Aos poucos meses, a súa nai pisouna sen querer e perdeu parte da visión nun ollo. Aínda así, non perde o sorriso.

Lévase ben con todos os cans e ignora os gatos. Busca unha familia que non vexa o defecto, senón a forza 💛

📍 En Galicia
🔗 https://olegadodemax.org/animais/plumas/

#Plumas #Setter #AdopciónResponsable #CansGalicia #CansConHistoria #OLegadoDeMax #AdoptaNonCompres

Plumas

O Legado de Max

🐾 Comedeiros con nome… e con corazón 💜
Feitos a man por @anxouxeres (Instagram), personalizables e solidarios:

💸 20 € e o 40 % vai destinado a O Legado de Max!

🎁 Un regalo bonito, útil e que salva vidas 🐶🐱
📍 Encarga en IG ou na nosa tenda en Rúa Sol, 23 (Carballo)
🔗 https://olegadodemax.org/comedeiros-con-nome-e-con-corazon/

#ComedeirosSolidarios #AxudaAnimal #OLegadoDeMax #FeitoAMan #IniciativasConCausa

Comedeiros con nome… e con corazón

Se buscas algo especial para o teu peludo, temos unha proposta única: comedeiros personalizados feitos a man, e cun fin solidario que vai directo ao corazón 💛. Estes comedeiros están feitos…

O Legado de Max

🎄 Xa temos dispoñibles as participacións da Lotería de Nadal!

Este ano xogamos co número 81050 ✨
Só 5 €, dos cales 1 € irá destinado aos nosos peludiños 🐶🐱

🎟️ Á venda na nosa tenda solidaria:
📍 Rúa Sol, 23 – Carballo
🔗 https://olegadodemax.org/xa-estan-disponibles-as-participacions-da-loteria-de-nadal/

Se toca… toca para todas 💛

#LoteríaSolidaria #OLegadoDeMax #LoteríaDeNadal #Carballo #IniciativaSolidaria

Xa están dispoñibles as participacións da Lotería de Nadal

Como cada ano, poñemos á venda as nosas participacións solidarias da Lotería de Nadal. Mercando unha estás colaborando directamente co coidado dos animais rescatados por O Legado de Max e Malpica…

O Legado de Max

James merece empezar de novo 💔

Perdeu á súa humana, foi entregado á perreira e, dende entón, non atopou un lugar onde sentirse seguro.

Sospeitamos que viviu pechado e sen afecto. Ten medo a obxectos, homes e situacións que non entende. Pero é intelixente, cariñoso e sociable. Só precisa guía, paciencia… e alguén que non se deixe intimidar por un gruñón de 5 kg.

🌿 Ideal para casa con terreo
🐾 Está sendo valorado por profesionais
📍 En A Coruña
🔗 https://olegadodemax.org/animais/james/

#AdopciónResponsable #CansConHistoria #James #Peludiños #OLegadoDeMax #AdoptaNonCompres

Coque leva un ano agardando unha familia 💔

Apareceu na zona do cemiterio de Bertoa e dende entón só nos demostrou que é un can marabilloso: tranquilo, sociable e moi, moi cariñoso.

Ten uns 10 aniños, pesa 12 kg e lévase ben con todo o mundo (gatos incluídos!).

💛 Buscamos para el un fogar onde poida descansar acompañado, sen máis sustos.

Está en Carballo
Contacto a través da nosa web:
🔗 https://olegadodemax.org/animais/coque/

#AdoptaNonCompres #PeludiñosSenior #Coque #OLegadoDeMax #CansGalicia #AdopciónResponsable