🏞️ o domingo pola mañán fixen a Ruta dos Tres Pazos, en #Negreira
https://www.concellodenegreira.gal/gl/turismo/que-ver/senderismo
Ainda que a enchente estragou algunha pontella e saín da ruta oficial. Fun con présa porque chegaba tarde, polo que paisaxísticamente non sabería dicir, ainda que supoño que se vives nun galiñeiro (coma min) todo che parecerá bonito (porque o é). Os Pazos intúense, porque ver pouco ves deles.
O percorrido é fácil de seguir se o levas nun dispositivo con gps, pero a sinalización é deficiente en varios tramos.
🚵 Pódese facer en bici de montaña pero na zona alta o camiño está estragado e require técnica (e forza).







