Este abril, na
@librariabiblosbetanzos hai unha chea de actividades interesantes! Aquí tes o resumo:
🔹 Venres 4, 18-20h
Obradoiro “Labores entre Libros”, un espazo para traballar nas túas labores e falar de libros, con Lucía Vidal Sánchez.
🔹 Sábado 5, 12h
Conversa con
@bea.lema sobre a súa novela gráfica “O Corpo de Cristo” (
@(@astiberri_ediciones), Premio Nacional de Cómic 2024. Un encontro para falar de saúde mental, costura e lectura.
🔹 Sábados 5, 12 e 26, de 17:30-19h
Obradoiro de ritmos e melodías para aprender a tocar a pandeireta da man do
@proxectopesquedellas. Podes apuntarte ás sesións de forma independente, e cada unha estará dedicada a un ritmo: muiñeira, xota e un ou dous agarrados. Prazas limitadas, 5€/sesión!
🔹 Xoves 10, 19:30h:
Óscar Reboiras (
@(@oreboiras) presentará “El caso Salgueiro, unha novela de suspense na que se mesturan misterio e un ambiente rural sombrío.
🔹 Venres 11, 19h
Presentación da revista “Viva premura”, realizada por
@zonahadal e faladoiro sobre psicanálise con Marta Maside Docampo, psicóloga clínica e psicoanalista de
@elpgalicia)
🔹 Mércores 16, 19:30h
Mostra de encadernación artística – Descubre os traballos realizados polos alumnos e alumnas do Obradoiro Penumbra.
🔹 Mércores 23
Celebraremos o Día do Libro, e se o tempo o permite, sacamos os libros á rúa. Terán un 10% de desconto!
🔹 Venres 25, 19:30h
Reunión do
@clubedelecturafeminista
🔹 Martes 29, 19:30h
Xuntanza do Club de Lectura Biblos
🔹 Mércores 30, 19:30h
Lectura dramatizada de “Baixo o bosque de leite”, unha das obras máis recoñecidas de Dylan Thomas.
📝 Para apuntarte ou máis información, chama ao 981771816 ou escribe a
[email protected].
📍
#Biblos #ActividadesCulturais #Libros #MúsicaTradicional #Psicanálise #DíaDoLibro