O carril bici de #Milladoiro remata na beirarrúa. Suponse que as bicicletas deben ir pola calzada. Que sentido ten isto? 

🤩Porque segundas partes si poden ser boas, recicla e asegura unha nova oportunidade para eses dispositivos que xa non empregas!

#Bancodereciclaxe #Milladoiro

É moi sinxelo:

Non o tires ao lixo ❌
Borra os teus datos 🔐
Tráeo ao banco ♻️

Ocuparémonos de darlle unha nova vida!

#Bancodereciclaxe #Milladoiro

Luz verde definitiva á senda ciclista entre O Milladoiro e a intermodal de Santiago cun novo trazado que evita o Banquete de Conxo - Xornal de Compostela :: Xornal da capital de Galicia

O Consello da Xunta aprobou este luns de forma definitiva o novo trazado da senda ciclista e peonil entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago ao seu paso por Conxo, unha actuación que foi reformulada despois de que o proxecto inicial recibise un informe desfavorable de Patrimonio polo risco de afección á área […]

Xornal de Compostela :: Xornal da capital de Galicia

Alguén por aquí que faga o traxecto #Milladoiro - #Santiago en #bici?

Sei que a Xunta andaba a facer un itinerario ciclista para unir as dúas localidades, pero ata onde puiden ver quedou a medio facer despois da liada do Banquete de Conxo.

O problema vexoo no punto sinalado en azul (mapa adxunto). Nese tramo, para evitar dar un rodeo, a única alternativa é meterse en dirección contraria coa bici (a outra imaxe adxunta). Non me mola moito, por iso pregunto si coñecedes algunha alternativa.

Hoxe! 20:00 no CSC Fontiñas: A #Ciclovía a debate.

Composcleta lamentablemente non poderá falar, pero participará como ouvinte.

Animádevos ir apoiar este importante proxecto de mobilidade sostible para #Santiago e o #Milladoiro

Que coa humanización da #N550 ao seu paso polo #Milladoiro non se faga carril bus paréceme un erro bastante importante tendo en conta a cantidade de autobuses que pasan por alí.

E o tema de que o carril #bici sexa de dobre sentido e solo vaia por un un dos marxes... A ver que tal se integra nas interseccións.

#Mobilidade #Ames

O sábado tocou bo cacharreo no Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Milladoiro con #agasol Por alí estivo xente da Rede Galega de Bancos. O vindeiro será o 22 ás 11:30 sobre bicis eléctricas!
#IRPFProfesional
📢Novo #RepairCafe con #Agasol no Banco de Reciclaxe Electrónica Municipal do Concello de Ames.
Para aprender xuntas a dar nova vida a vellas computadoras con #SoftwareLibre. Leva a túa se queres!
📆 Sábado 8 de xuño
🕙 11:30 e as 13:00
📌 Casa das asociacións #Milladoiro