Entrando no ano: a fría temperie

Dende hai anos veño recollendo datos correspondentes á temperie ribadense. Entre eles, están as temperaturas. Unhas temperaturas que indican que o pasado foi o segundo ano máis caloroso dende que hai rexistros en Ribadeo, ó pesar do relativamente frío último trimestre que impediu unha nova marca anual de temperatura media. Tamén indican que os catro últimos anos son os máis calorosos dende que hai rexistros en Ribadeo, e iso inclúe parte dos anos 20 e 30 do pasado século.

O caso é que este novo comezo de ano 2026 está a ser frío, o terceiro máis frío do que vai de século, como pode verse na gráfica que se adxunta. Nela os trazos que representan as temperaturas medias (en ºC) dos catro primeiros días de cada ano van sendo máis grosos a medida que imos avanzando no século, o que fai ver esta entrada de ano como unha anomalía de frío, só por riba de 2019 e 2021.

Vaia o dicir que catro días dun ano non representan moita cousa máis aló dunha curiosidade entre os datos do pobo durante case dez mil días que levamos de século, pero diso falaremos máis adiante, cos datos ben formatados.

#Meteoroloxía

A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)

Hai tempo que foi a presentación do libro (https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2024/04/12/presentacion-de-temperie-ribadense-no/), e hai tempo tamén que estaba colgado, sen portadas, en internet (https://es.slideshare.net/slideshow/a-temperie-ribadense-no-seculo-xxi-ate-2023-pdf/269463626), pero resulta que non lle dera difusión, cousa que agora fago, aínda que segue a estar dispoñible en papel nas librerías ou a petición, en Eoditorial, Amazon e outros lugares da rede.

Primeiro, as portadas e logo, o interior:

Temperie ribadense 2023 – bil-portadasDescarga Temperie ribadense 2023 – bil2Descarga

#Meteoroloxía #RecunchoDaLectura

Presentación de ‘A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)’ – Ribadeando

O que vai de ano trouxo choiva escasa en toda Galicia. Na zona de Ribadeo quizáis un pouco máis abondante que en xeral, pero aínda así escasa. Menos da metade, case a terceira parte, do ano que menos choveu da década anterior. Aí están os datos da estación que mantén a Pedro Murias do 1 de xaneiro ata onte, día 93 do ano, comparados cos obtidos dende o 2003:

É unha tendencia? Son poucos anos, esperemos que non, pero o previsto no modelo do cambio climático é que si, sexa o sinal dunha tendencia que convertiría Galicia nun país abondo máis seco.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/04/03/choiva-escasa-do-que-vai-de-ano/

#Meteoroloxía

Unha nova nos xornais de hoxe xa non é tan nova, pois non é a primeira volta que ocorre: praga de medusas nas praias da zona, con varias notas do concello

Ás veces,facémonos á idea de que vivimos nun mundo illado, ou todo o máis con counsas que contan ocorrendo nun perímetro limitado. Non obstante, é doado ter que ollar un pouco máis aló e ver que esa non é a realidade, aínda que usemos ese esquema de illamento de xeito válido para moitas cousas: a crise na que levamos cinco anos inmersos non se pode explicar dende o núcleo urbano Ribadense, aínda que teñamos as construccións de Barreiros aí á beira, por exemplo.

De igual xeito, o tema das medusas non se pode incluír nunha casualidade ou nalgo específico de Ribadeo, senón que hai que contemplar o cambio climático a nivel planetario para facer aínda que só sexa unha primeira aproximación ó tema. E iso que o pasado verán en Ribadeo non bateu marcas en canto a temperatura media en Ribadeo (aínda que foi dos quentes, como amosarei noutra entrada)

O caso é que estas circunstancias externas van ir cambiándonos a vida, como calquera circunstancia cambiante que fai que nos teñamos que amoldar dun xeito ou outro para sobrevivir …

Anteriores sobre medusas na nosa costa: 2008-1 2008-2 e aquí (cara ó final) dábase nota dunha charla para creación dun grupo de vixiancia de medusas na costa.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/09/06/cambio-climatico-aplicado-ribadeo-praga/

#Medio #Meteoroloxía

Playas de Ribadeo, Barreiros, Foz y Burela, plagadas de medusas

Restricciones en las playas ante la presencia de ejemplares tóxicos

La Voz de Galicia

Onte falei sobre o cambio climático aplicado a Ribadeo, a conta das medusas. E prometín datos. Noutro día con boa temperatura para setembro, aquí vai unha tanda de datos da Pedro Murias elaborados; son correspondentes ós meses de xullo e agosto do que levamos de século (2001-2012).

Na primeira gráfica está todo confuso: corresponde ás temperaturas medias diarias, nas que este ano está representado por unha liña azul, nin a máis obscura (2001) nin a máis clara (2006). O que si se pode observar é que as liñas (as temperaturas) están un pouco máis altas en xeral en agosto que en xullo, como se comproba coa táboa final

A smedias de xullo dan un valor para o deste ano máis ben baixo dentro do que levamos de século: 18,2ºC de media. Iso si, na media van incluídas tamén as horas nouturnas …

Agosto foi diferente: foi o segundo con máis temperatura media do que levamos de século, 19,9ºC

A media xeral xullo/agosto deixa este ano 2012 en cuarto lugar, despois de 2006, o máis caluroso, 2003 e 2010.

Por último, a táboa (ampliar premendo sobre ela para poder vela correctamente) testemuña o dito antes: en xeral, agosto é máis cálido que xullo, e coa excepción de 2002, que marcou un profundo mínimo xeral e en cada mes, o cambio climático non deixa ver aínda a súa evolución en Ribadeo.

Sería interesante tomar outros datos como comparativa. Ireino facendo con tempo, aínda que para un dos datos máis interesantes, o da temperatura da auga, o primeiro será recollelos dun xeito sistemático durante longo tempo e ver o xeito de representalos claramente (os primeiros datos, indicativos, xa están tomados por David Casariego)

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/09/06/cambio-climatico-aplicado-ribadeo/

#Medio #Meteoroloxía

Cambio climático, aplicado a Ribadeo: praga de medusas

Unha nova nos xornais de hoxe xa non é tan nova, pois non é a primeira volta que ocorre: praga de medusas nas praias da zona , con varias n...

Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta
en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro
que me levou a que os datos e as gráficas de choiva (non as de
temperaturas) esteñan mal. A entrada está refeita en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html.

— — 

Ligo unha entrada de Física e Química en Ribadeo: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/09/rematou-o-veran-verdade-climatoloxica.html

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/09/23/rematou-o-veran-verdade-climatoloxica/

#Medio #Meteoroloxía

Sobre o clima en Ribadeo

Hai poucos días fixen unha entrada sobre o clima do verán ribadense ( http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/09/rematou-o-veran-verdade-clima...

Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/10/02/correccion-da-entrada-de-datos/

#Medio #Meteoroloxía

Rematou o verán: verdade climatolóxica

Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro ...

Prognóstico ‘eleitoral’, de hoxe mesmo:

Meteogalicia: de ceo despexado (agora) a alternancia de nubes e claros, e aumento das nubes cara á noite …

Aemet: 30% de probabilidade de choiva pola tarde-noite …

A lembrar que o índice de acertos non é ó 100%, pero achégase.

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2012/10/21/prevision/

#Meteoroloxía #política

Previsión – Ribadeando

Collido de Física e Química en Ribadeo.

Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen
grandes excesos meteorolóxicos, a diferenza doutros anos anteriores. Cos
datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, pódese trazar unha
semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano

1.Introducción

En
Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Pedro Murias, que D.
Luciano Zubillaga mantén en perfecto funcionamento na actualidade. Do
pasado, dispóñense de series de datos de diversos períodos, e hoxe,
semanalmente, o mesmo Luciano fai un resume dos datos da estación manual
para a Comarca.

A estación ten dous conxuntos de instrumentos. Un
manual, ó que corresponden os citados datos de diversas épocas, aínda
sen analizar. O outro automático, que foi incorporando instrumentos e
que no que ten relación con temperaturas, comezou a funcionar no 2001,
pero que nos seus comezos non representa un conxunto harmónico por
faltarlle abondos datos invernais ata 2003.

Os conxuntos de datos
de ambas estacións parecería que son intercambiables, pero por cuestións
técnicas só son relativos, o que fai que nun primeiro estudo sexa
preferible ter en conta só un deses conxuntos. Por estar accesibles en
internet ata a actualidade, elixín o conxunto de datos da estación
automática.

2.Temperaturas

A temperatura últimamente soe chamar máis a
atención que outras variables meteorolóxicas por cuestión do cambio
climático. Mais, facendo referencia case exclusiva á temperatura  dun só
ano, non se poden esperar mostras de dito cambio, que implica períodos
de tempo moito máis longos.

2.1. Temperaturas medias diversas.

A táboa cos datos recollidos é a seguinte:

Nela xuntei o resume de datos referentes a temperaturas.

En
negro, na primeira liña, aparece o promedio de temperatura anual dos
anos 2003-2012. En azul, as medias mensuais dende o 2003 ata hoxe mesmo
(por exemplo, os 10,2 ºC de xaneiro corresponden á media de temperatura
de tódolos xaneiros de 2003 a 2012). E na penúltima liña, a media anual
acumulada dende o 2003, que vemos que case non se move, aínda que
poñendo os datos con máis decimais ten unha pequena tendencia á suba

2.2. Temperaturas medias anuais.

Represéntase
abaixo os datos dos promedios de temperaturas anuais, observando que se
ben 2012 foi máis quente que a maioría de anos do século, está lonxe
das marcas de 2006 ou 2011, medio grao por baixo. 

En
conxunto, a temperatura media anual indica diferenzas de medias anuais
de ata 1ºC en Ribadeo, entre o 2010, o ano máis frío, e o 2011, o máis
cálido, tendo o ano recén rematado unha temperatura xusto media entre os
dos anteditos.

A
gráfica anterior é temperatura media anual acumulada, que como é de
esperar vai variando cada vez menos, estebilizándose, aínda que cunha
pequena tendencia a subir.

2.3.Temperatura media mensual.

A
temperatura media mensual ó longo destes últimos anos (2003 en diante)
da unha gráfica que é característica, cun máximo en agosto, seguido de
preto por xullo, e un mínimo en febreiro, seguido de preto por xaneiro,
correspondendo con que as temperaturas diarias máximas se rexistren uns
45 días despois de S. Xoán e as mínimas, uns 45 días despois de Sta.
Lucía.

A
gráfica típica de temperaturas mensuais pode complementarse con outra
que expresa os mesmos datos cunha visualización diferente, na que se
presenta a temperatura media como un curioso óvalo simétrico, inclinado
debido ó desfase entre as máximas/mínimas e os puntos básicos
astronómicos recollidos polo calendario.

 

É
dicir, son os mesmo datos anteriores, expostos nun tipo de gráfica
diferente. É claro o desfase de do máximo de temperatura uns 45 días en
relación ós eventos astronómicos (por exemplo, o máximo de temperaturas a
comezos de agosto, tendo sido o solsticio de verán o 21 de xuño)

 –2ª parte

 –3ª parte

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/01/10/a-temperie-ribadense-no-2012/

#Meteoroloxía

A temperie ribadense no 2012

Primeira Parte. ( 2ª parte ) ( 3ª parte ) Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen grandes excesos meteorolóxicos,...

Pasou o Gong. Coido que na nosa zona, sen pena nin groria, máis cicloxénese por concentrarse os ventos que explosiva, que parece que a explosión quedou máis ven noutros lugares. Aínda que algunha cousa houbo para poder sacar foto, como a invasión de restos diversos de troncos e ramas na rada do porto pesqueiro (por exemplo, ver aquí ou aquí fotos colgadas no facebook), despois de ser arrastrados cara á ría e quedar atrapados ó ser metidos polo vento na rada. Abaixo deixo fotos coa ría tinguida polo arrastre de terra que sofre tras o temporal, e para comparar, outras tomadas tempo atrás.

O Gongpropiciou que onte me fora fixando nas cunetas camiño da Veiga. É un exercicio de cálculo o pensar a cantidade de merda que alí se pode acumular. Botándolle un pouco de imaxinación, de Ribadeo á Veiga, 10 km, 2 cunetas, a razón de medio quilo de plásticos cada 100 m de cuneta nun ancho de 2 m, saen 100 kg. Iso é, 100 kg de plásticos, que non son debido ó Gong, senón á xente que os bota, e, despois, a non limpalos. Plásticos que impresionan menos que os troncos na rada do porto pesqueiro, pero que a longo prazo son máis dañinos. E totalmente evitables, a diferenza dos restos do Gong.

Así pois, como resumo a modo de partido de fútbol, poderíamos dicir algo así como Plásticos Ribadenses Autor Descoñecido, 1 – Gong Ribadeo Tempo Incontrolado, 0

https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2013/01/21/plasticos-ribadenses-ad-e-gong-ribadeo/

#FotosRíaDeRibadeo #Meteoroloxía #sociedade

Log into Facebook

Log into Facebook to start sharing and connecting with your friends, family, and people you know.

Facebook