AMEGA pon a primeira pedra para unha comunicación máis sa e en galego cun obradoiro sobre o Fediverso.

Eskerrik asko!
https://obarbanza.gal/2026/03/amega-pon-a-primeira-pedra-para-unha-comunicacion-mais-sa-e-en-galego-cun-obradoiro-sobre-o-fediverso/

#fediverso #mediosengalego @mediosengalego @tokikom

AMEGA pon a primeira pedra para unha comunicación máis sa e en galego cun obradoiro sobre o Fediverso - O Barbanza

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) da que forman parte O Barbanza e Código Cero, celebrou este sábado en Santiago de Compostela un obradoiro formativo centrado no uso do Fediverso como alternativa ás redes sociais tradicionais. A sesión foi impartida polo experto en comunicación dixital Joxe Rojas. Baixo o título “Medios locais no Fediverso: […]

O Barbanza

A partir de hoxe síguenos en @mediosengalego para enterarte das novas que lle interesan a Galiza.

#mediosengalego

📻 Hoxe celebramos o Día da Radio.

Un medio esencial para a cohesión social, a información de proximidade e a normalización da lingua galega.

Dende a Asociación de Medios en Galego reafirmamos o noso compromiso cun sistema comunicativo plural, profesional e en galego.

A radio é memoria, presente e futuro.

💙 Feliz Día da Radio!
#DíaDaRadio #MediosEnGalego #RadioEnGalego #Galicia

150 anos despois de O Tío Marcos d’a Portela, os medios en galego seguen máis vivos ca nunca.

O 6 e 7 de febreiro celebramos en Ourense o Día dos Medios en Galego 2026:
🔹 Mesa sobre IA, redes sociais e desinformación
🔹 Foliada aberta á cidadanía
🔹 Roteiro polo Ourense de Valentín Lamas Carvajal

Un espazo para pensar o presente e construír o futuro da comunicación na nosa lingua.

#DíaDosMediosEnGalego #MediosEnGalego #150Anos

A Asociación de Medios en Galego lanza unha guía sobre a historia dos medios na nosa lingua - Neofalantes

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) presentou a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un novo material educativo destinado ao alumnado de ensino secundario co obxectivo de achegarlles a evolución histórica e o presente da comunicación en galego. A iniciativa, que conta co apoio da Deputación da Coruña, coincide coa celebración…

Neofalantes