Xogades? 👀

A ver quen adiviña onde está tomada esta foto… e que había aquí.

Podería entrar, perfectamente, como unha liña máis do #MapaDeCoia.

En lugares coma este houbo —e aínda hai— moitas historias agochadas.

No Centro Comercial 4 temos unha chea deles e por iso facemos unha das paradas do #MapadeCoia. O cambio de modelo de consumo fixo que moitas tendas que alí estaban deran paso a pequenos bares con amplas terrazas.

https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-4-bares/

Na liña dos feminismos do #MapadeCoia facemos parada no instituto "Coia 2" para falar do @comandoigualdade : iniciativa dun grupo de alumnado e profesorado do IES Alexandre Bóveda que ten por obxectivo sensibilizar a mocidade ao redor da igualdade real entre mulleres e homes. Pioneiras á hora de concienciar á rapazada sobre os feminismos en centros educativos.

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-3-feminismos/

Na liña de deportes do #mapadecoia falamos do @cdcoyaoficial_1911 ⚽️

Club decano do fútbol galego, foi fundado en 1911. Na actualidade xogan no campo da Bouza —compartido co @victoriacf1943, outro club do barrio— 🤝🏽, aínda que nas súas orixes *Os Invencibles* xogaban no Berbés 🌊 fronte aos mariñeiros que chegaban de Inglaterra e Holanda 🇬🇧🇳🇱

👉 Escoita aquí:
🔗 https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-10-deportes/

Na liña de loitas veciñais do #MapadeCoia facemos parada na Oficina Dereitos Sociais – Coia

A ODS-Coia foi un punto de información sobre dereitos sociais. En activo entre 2007 e 2023, foi un espazo de intercambio e difusión de información alternativa sobre axudas sociais. A ODS-Coia visibilizou e denunciou o proceso de empobrecemento das periferias urbanas, ao tempo que artellou respostas comunitarias en defensa dunha vida digna para todas as persoas.

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-1-loitas-vecinais/

Nunha das liñas do #MapadeCoia ollamos para os bares🍻.

Facemos parada na rúa Tui📍, en concreto no Serodio: os tolos anos 80: vendían tabaco e botellas de viño🍾 á cativada de 10 anos😅. Situado ao lado do Camiño da Vía, nas súas orixes moitos obreiros que traballaban na construción dos edificios da contorna tiñan alí a súa referencia á hora de comer. O local aínda existe, mais mudou de nome e xa non venden viño ás crianzas (cremos).

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-4-bares

Unha das paradas da liña urbanismo e arquitectura do #MapadeCoia facémola na "Planificación Pernas": a finais dos anos 60 a planificación do polígono de Coia foi encargada a Desiderio Pernas, arquitecto vigués que entrara en contacto coa arquitectura racionalista grazas a unha bolsa no prestixioso Institute of Technology de Chicago. Pernas proxectou un eixo vertebrador da nova Coia -a avenida de Castelao-.

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-9-arquitectura-e-urbanismo

No #mapadecoia falamos de EDUCACIÓN

Facemos parada no CEIP Illas Cíes: o colexio máis antigo do barrio. En aplicación da Lei de Memoria Histórica, pasou a denominarse en 2009 Illas Cies , deixando atrás o nome de Doctor Eijo Garay, arcebispo e defensor do réxime franquista.

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-8-educacion

Na liña de arquitectura e urbanismo do #MapadeCoia facemos parada nos "Bloques de edificios"

A pesar de que a Caja de Ahorros Municipal de Vigo foi a principal promotora, posteriormente outras entidades —como o MOPU, diversas cooperativas ou empresas como Citroën, Barreras, Álvarez ou Vulcano— continuaron coa labor construtiva.

+info: https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-9-arquitectura-e-urbanismo/

O deporte forma parte esencial da identidade de Coia ⚽💙, tanto nos seus equipamentos formais como nos máis improvisados 🏟️

Unha das paradas desta liña do #MapadeCoia é no "Campo de Coia"📍: antes de que existira o Estadio Municipal de Balaídos, o @rccelta marcaba goles en Coia ⚽🔥. Onde agora está o Lidl 🛒 emprazábase o campo. En 1922 albergou unha final da Copa do Rei 🏆 entre @FCBarcelona e @realunionclubirun

+info 👉 https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-10-deportes/](https://radiomanoplas.org/mapadecoia-lina-10-deportes