Fernando estaba na directiva de #Milhomes cando entrei no 1998.
Cando se aprobou o matrimonio igualitario no congreso, á primeira persoa a quen chamei foi a él, para darlle as grazas.
Sen a loita das xeracións anteriores non sería posible avanzar nos nosos dereitos.
O ultimo café xuntos foi hai oito días, tiña medo da involución que pode facer reverter os nosos dereitos. Viviu a época negra da ditadura fascista e dáballe medo volver a aqueles tempos.
Grazas Fernando pola túa loita.
😘❤️🌈🏳️⚧️✊🏾✊🏾

