Por fín vexo reflectido o meu cambio de sexo rexistral no DNI!
Tras 6 meses (182 días) 🏳️‍⚧️✊

#LeiTrans #LeyTrans
#Trans #LGBT #LGTB #LGBTI #LGTBI #LGBTQ #LGBTIQ #LGBTIQA #Galiza #Galicia #Pontevedra

Sobre a Lei Trans recentemente aprobada no Estado Español:

É indubidabelmente unha conquista froito de longos ciclos de protesta e organización popular (non lla debemos a ningún governo) e debemos valorala coma tal. Facilitaralle diversos procesos a quenes comecen a súa transición e fará máis sinxelas moitas vidas.

Agora ben, ollo con idealizala ou con lle conferir maior importancia da que ten: unha lei sempre será unha lei. No fundamental, mantense unha relación pola que a nosa validez na sociedade é censurada por xerarquías coma o Estado. Lonxe de vir a nos "outorgar" novas liberdades, trátase somentes dunha relaxación da opresión sobre o noso dereito a existir. Unha relaxación que, repito, foi conquerida por nós mesmes, en ningún caso nos foi agasallada. Non esquezamos que o horizonte da nosa liberdade non virá con lei algunha, senón ca abolición da familia tradicional e o cisheteropatriarcado, que permanecen imbricados na forma social mesma do Estado.

#LeyTrans #LeiTrans #Estado #Trans

A #LeiTrans aprobada no congreso 🏳️‍⚧️

#LeiTransXA #LeyTrans #LeyTransYA #EsLey #EsLeyTrans

@laureanoaraujo 😆 Nom fagas trampa! A minha analogia é "qualquer crítica" a umha lei. Porque no caso da #LeiTrans é o novidoso e rechamante, e o que eu pretendia sinalar: qualquer crítica é desbotada sem máis análise desqualificando a quem a figer, de "transfóbica/o". Polo menos isso é o que eu percebo.
A #LeiTrans concede dereitos novos, non llos arrebata a ninguén. Parabéns a quen se poda aproveitar dela para vivir un pouco mellor.