µLauncher
copio e pego:
µLauncher é unha pantalla de incio que che permite abrir outras aplicacións usando xestos de escorregamento e pulsando botóns.
É minimalista, eficiente e libre de distraccións.
Continúa o desenvolvemento a partir da orixinal, está dispoñible desde varios repositorios
Esta é a documentación do proxecto: https://launcher.jrpie.de/
E aquí o repositorio onde se publica o código: https://github.com/jrpie/Launcher
Está traducida ao 38%. Mirei no historial e eu creo que desde que moveron a tradución a weblate ninguén botou mal do traballo. Tamén vexo que utiliza ti e vostede (formal) de xeito indistinto, ou misturado, ou incongruente, así que vou ir mirando e poñelo todo con ti (informal). Non uso «escorregar» (do citado enriba), pero tampouco teño nada en contra, así que procurarei con cambiar nada que non sexa incorrecto.
Aparece «fecha» en moitos sitios, cambiareino por «data». Creo que está traducida de xeito automatizado, teño esa impresión, vistas varias frases coa orde das palabras copiada do inglés. Farei o que poida co entendemento que teño.
Estas aplicacións lanzadoras minimalistas (xestoras da pantalla de Inicio, etc.) están pensadas para evitar o caos que son algunhas pantallas de inicio, pero se tes moito vicio co móbil non son para ti, non che van dar ese fluxo contínuo de estímulos cos que perder a capacidade de concentración.
Podes definir Accións e Xestos para adaptar o seu comportamento ás túas preferencias https://launcher.jrpie.de/docs/actions-and-gestures/#available-actions
Home
μLauncher # µLauncher is an Android home screen that lets you launch apps using swipe gestures and button presses. It is minimal, efficient and free of distraction. The source code is available on GitHub and on my Forgejo instance. You can also get it on Google Play, but I don’t recommend that. µLauncher is a fork of finnmglas’s app Launcher. An incomplete list of changes can be found here.
