O día sen calidades
https://praza.gal/politica/o-dia-sen-calidades
Imaxino que en homenaxe á obra 'Der Mann ohne Eigenschaften'
de Robert Musil.
E tamén, https://praza.gal/politica/catro-decadas-do-dia-nacional-de-galicia-que-nunca-chegou-a-ser
Pero había tamén outras propostas coma "o 17 de decembro, data na que fora executado o mariscal Pardo de Cela na praza da catedral de Mondoñedo" (https://praza.gal/politica/cen-anos-da-asemblea-nacionalista-que-instaurou-o-dia-de-galicia).
Penso que hoxe en día tería moito máis significado o 28 de xuño, día da aprobación de Estatuto Galego na República e do regreso de Castelao. E non se mesturaría co apóstolo/relixioso. Amais, non sei que de simbólico e lendario ten o 25 de xullo máis alá da festa do Apóstolo en Santiago.
#DíaNacionalDeGalicia #25deXullo #IrmandadesDaFala #Castelao #Galicia #Galiza #28DeXuño #28deXunho #25deXulho
O día sen calidades - Praza Pública
A celebración do Día Nacional de Galicia segue institucionalmente orfa por parte das principais institucións da autonomía tanto nas formas coma no fondo. En ausencia do Goberno, o protagonismo político do día volve ser para os grupos da actual oposición, especialmente para o BNG, mentres os últimos intentos de dar corpo institucional á xornada van quedando cada vez máis atrás
