Seguro que se andas pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría #Compostela viches algún dos carteis que elaboraron Carmen, Marco e Nerea, bolseiras de ESF na escola, con fotos e frases que nos fan pensar no acceso a elementos vitais para a vida como auga, enerxía ou alimentos

#ESFnaUni #IRPFformativo

📅 Martes 10 de febreiro.
📍Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Santiago de #Compostela. Estaremos na entrada da escola, seguro que nos ves!

Achégate e atoparás un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas... Pola tarde, teremos a axuda da xente riquiña da Asociación @composcleta

12:30-14:30 e 17-19h

#ESFnaUni #IRPFFormativo

Onte na nosa sede na Escola de Camiños #ACoruña celebramos con moitxs amigxs que un novo ano está a piques de rematar.
Estes espazos de encontro dan forzas e azos para seguir colaborando xuntxs para avanzar cara un mundo máis xusto e solidario.
O vindeiro martes en #Compostela teremos outro espazo, pola mañá de reflexión e mediodía-tarde de encontro e celebración.
Sempre hai que deixar espazos para celebrar!! (ou vertebrar, como lle chamamos en ESF 😊)
#ESFpro #ESFnaUniversidade #IRPFFormativo

Hoxe na Escola de Enxeñería de #Compostela tivemos formación coas persoas do grupo do Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre que xa está funcionando.
Falamos de tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos, e houbo tempo para debatir sobre temas como IA, traballo colectivo... (fóisenos o tempo voando!).

Se tes interese nestes temas de reparación, linux, recuperación de material informático, únete ao grupo

#ESFnaUniversidade #IRPFFormativo

Onte estivemos no local social #faisca #vigo presentando a Guía de Autodefensa Dixital. Falamos de temas como a importancia da soberanía dixital e de reapropiarnos da tecnoloxía que empregamos no día a día, rematando cun exemplo práctico. Unha conversa moi agradable!

Podedes ver a guía en https://galicia.isf.es/blog/guia-de-autodefensa-dixital-recupera-a-tua-soberania-dixital/

#IRPFFormativo

Onte estivemos na Escola Técnica Superior de Enxeñería de #Compostela probando o xogo didáctico sobre xestión comunitaria dos montes. Houbo momentos divertidos, moitas decisións complicadas e situacións tensas. Pero todas as participantes puideron sentir como é ser comuneira durante un ratiño

#ESFnaUni #IRPFFormativo

Novo #RepairCafé mensual na Domus de #ACoruña.

📆 Venres 20 de xuño
🕕 17:30 as 20:30 horas

Achégate e atoparas un grupo de persoas voluntarias axudándose entre elas, para reparar diferentes tipos de obxectos: ordenadores, electrodomésticos, electrónica de consumo, bicicletas, roupa, mobles
🔧 🥰

O evento é gratuito pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico salvari[ARROBA]protonmail.com

#IRPFFormativo