A pasada finde tivemos a nosa Xuntanza de outono, tivemos a asemblea de persoas socias e unha formación para a nosa base social para ser conscientes dos coidados, no activismo e na nosa vida diaria (e como o xénero os atravesa).
Tamén vimos as primeiras probas de xabóns artesáns esfeiros grazas ao proxecto coa #AMTEGA e #IRPFProfesional, para lembrarnos que a tecnoloxía ten que ser coidadora.
Encontros como estes cárgannos de enerxía colectiva!!
Remata con 132 participantes a 1ª Escola de Verán de ESF sobre tecnoloxías libres

A segunda semana deste mes de xullo desenvolveuse a primeira edición da Escola de Verán de ESF (Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia) sobre tecnoloxías (...)

Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
Uns pedaciños do #RepairCafe que fixemos en Lira este sábado pasado 🌱
#IRPFProfesional #ESFpro
Nos primeiros días de agosto tampouco descansamos. Dentro do curso de electrificación de bicicletas, tivemos obradoiro de soldadura electrónica

#IRPFProfesional
Chega a primeira crónica de Honduras de Víctor, o terceiro participante no noso Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades este ano. Un dos mellores relatos sobre como vive o calor abafante do Golfo de Fonseca un recén chegado. Cando o lees, parece que estás alí suando tamén...
👀 https://galicia.isf.es/blog/cronicas-de-honduras-victor-1-diario-dabordo-do-24-o-28-de-xulho/
#ESFPro #IRPFProfesional #PCR2024
Crónicas de Honduras: Víctor 1. Diario d’abordo, do 24 ó 28 de xulho - ESF Galicia

Xa temos a Chevi hai máis de tres semanas por Honduras e aquí deixamos a súa primeira crónica. Chevi puido participar no Programa de Voluntariado Internacional de Coñecemento doutras Realidades (PCR) grazas ao programa que temos en marcha de Tecnoloxía e Enxeñería para o Ben Común no eido profesional galego (ESFPro).————————————————————- De cando en cando […]

ESF Galicia

📢 1ª SESIÓN DO CURSO DE ELECTRIFICACIÓN DE BICICLETAS

📆 Venres 5 de xullo
🕙 16-18h
📌 Taller social Reciclos (Avenida Labañou,10. A Coruña)

Inscrición de balde até esgotar prazas (quedan poucas!): [email protected]

+INFO E TEMARIO: https://bancoreciclaxeelectronica.fala.gal/2024/07/02/curso-de-electrificacion-de-bicicletas-e-reciclos-5-de-xullo-2024/

#IRPFprofesional

Curso de electrificación de bicicletas e-Reciclos (5 de xullo 2024)

O curso contará con 4 ou 5 clases onde veremos tanto a teoría sobre as bicicletas eléctricas como algunhas prácticas onde poñer a proba o aprendido.

Banco de Reciclaxe Electrónica de ESF Galicia

Hoxe no obradoiro de soldadura electrónica na Domus, coa xente de #bricolabs e do noso Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre.
Cheo total nas prazas dispoñibles dende unha semana antes, imos ter que organizar outro!!

O cacharreo é reapropiación tecnolóxica e hackea o sistema hiperconsumista. Así que si, o cacharreo é político
#IRPFprofesional

A semana pasada fixemos visita a abastecementos veciñais de auga, aprendendo de tecnoloxías que empregan na asociación #COXAPO que nos poden vir ben para o programa #DereitoÁAuga en Honduras, e da xestión veciñal da auga en Galicia. Grazas por todo! 🩵🚰
#IRPFProfesional
O sábado tocou bo cacharreo no Banco de Reciclaxe Electrónica con #SoftwareLibre de #Milladoiro con #agasol Por alí estivo xente da Rede Galega de Bancos. O vindeiro será o 22 ás 11:30 sobre bicis eléctricas!
#IRPFProfesional
📢 Novo #RepairCafe que organiza a xente linda do noso Banco de Reciclaxe con #SoftwareLibre #ACoruña en colaboración con #bricolabs.
Aprenderemos xuntas a dar nova vida a vellas computadoras e outros cachivaches. Trae os teus e, se sabes reparar, ven axudar!
🕙 11:00 e as 14:00
📌 Domus
✍🏼 Inscríbete gratis en bancoreciclaxecoruna[arroba]galicia.isf.es
#IRPFProfesional