Anotade estas actividades para o mes de agosto! A
#UniversidadePopularDeBetanzos non pecha polas festas. Seguimos co curso de introdución á
#HistoriaDaArte e engadimos estas pequenas excursións pola
#ArteBetanceira:
🧲 Mércores 6 ás 10:30 - Os ferros que nunca miraches - Por Daniel L. Teijeiro e Xesús Fraga
⛪️ Mércores 13 ás 19:00 - As viaxes agochadas de Santa María do Azogue - Por Julián Ferrer
🩱 Mércores 20 ás 10.30 - A invención dos pololos. Traxe folclórico, tradicional e cosmopolita no
#MuseoDasMariñas - Por Sara Fraga
🖼 Xoves 21 ás 10.30 - Artes e artistas en
#Betanzos - Por Ángel Arcay
✉️ Podes inscribirte nas que che apetezan, de balde, mandando un correo a
[email protected] ou por medio dunha mensaxe privada.