🐱💛 Paola busca fogar

Apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa… e hoxe é unha pequena branca nuclear, doce, xoguetona e moi cariñosa
Está testada, vacinada e castrada.

Non a puxemos antes en adopción por dous motivos:
— Recuperar ese branco levou o seu tempo 😅
— E porque cada vez custa máis que alguén mire a gatos de máis de 6 meses…

E é unha mágoa. Porque adoptar un gato desta idade significa:
• Test de enfermidades fiable
• Carácter xa coñecido
• Adaptación máis estable
• Moito amor (igual ou máis)

Paola agarda a súa oportunidade 🐾

https://olegadodemax.org/animais/paola/

#AdoptaNonCompres #AdopciónFelina #GatosAdultos #OlegadodeMax #Carballo

🐾 Lucía foi un regalo hai 4 anos. Hai uns días foi abandonada como quen se desfai dun moble.

Non é xusto. Non é responsabilidade.

Agora busca un fogar que a valore polo que é: unha gata adulta, tranquila e chea de amor. 🖤

✍ Toda a historia →

🔗 https://olegadodemax.org/a-historia-de-lucia-dos-brazos-ao-abandono/

#AdopciónResponsable #GatosAdultos #OlegadoDeMax #BenestarAnimal #Lucía #Galicia #Carballo