🖤🌊Sabias que moitos nomes das aves en galego nacen da observación directa?.
"Cormorán" non nos di gran cousa.
Pero corvo mariño si.
Negro coma un corvo e ligado ao mar.
No vídeo fáloche desta ave tan presente nas nosas costas e ríos, da súa forma de vida
e dunha realidade importante:
o corvo mariño cristado é unha especie vulnerable e un claro indicador da saúde dos ecosistemas
costeiros.
Longa vida ao corvo mariño.
Saúde, natureza e vida salvaxe🍃🍃🍃. #corvomariño #avesgalicia #aves
