#Proximamente Estamos a pechar os últimos detalles do noso próximo taller, centrado na posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador. Moi pronto, teremos datas!

#BancodeReciclaxe #ConcellodeAmes Concello de Ames

Sabías isto?
Para darlle unha segunda vida aos equipos, instalamos sistemas operativos de software libre, como Linux, xunto con aplicacións abertas e gratuítas (ofimática, multimedia, navegación, etc.), que permiten traballar sen depender de licenzas de pago nin de sistemas privativos que deixan obsoletos equipos válidos.

#BancodeReciclaxe #ConcellodeAmes

Hoxe é o terceiro sábado de outubro, día da #reparación #RightToRepair.

Onte empezou a actividade dun novo banco de reciclaxe electrónica, na etse da usc en #Compostela, que se une aos do Campus industrial UDC #Ferrol, telecomunicacións UVigo #Vigo, Camiños/Informática UDC #ACoruña , así como aos municipais de #concellodeames e #concellodeteo

+info: https://galicia.isf.es/bancos-de-reciclaxe-electronica-con-software-libre/

#ESFnaUniversidade

O vindeiro sábado obradoiro sobre #LibreOffice no Banco de Reciclaxe e Oficina de #SoftwareLibre do #ConcelloDeAmes, en #Milladoiro, con #AGASOL
Novo episodio de #ReciclaXe do compañeiro Iván, desta volta sobre o Banco de Reciclaxe Electrónica do #ConcelloDeAmes
e #Agasol no Milladoiro, e con testemuños de participantes no #RepairCafé que se fixo polo #RepairDay https://www.youtube.com/watch?v=tZiajyGnZsk
ReciclaXe 04 - Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames no Milladoiro #youtubeiras

YouTube
Moito movemento hoxe no #RepairCafe no Banco de Reciclaxe Municipal do #ConcelloDeAmes en #Milladoiro, neste #DíaDaReparación #RepairDay.
Polo #DereitoAReparar #RightToRepair