🎬 Deadpool & Wolverine (2024)

O humor, que sempre foi o punto forte desta saga, non está ao mesmo nivel, e a influencia excesiva do UCM fixo que perda parte da súa identidade. Ryan Reynolds segue brillante e Hugh Jackman como Logan é un pracer de ver, pero no conxunto quedei coa sensación de que non está á altura das anteriores. A min gústame o UCM, pero non agardaba velo tan presente aquí.
#CineNaCasa

🎬 Logan (2017)

Obra mestra do cine de superheroes que vai alén do xénero para brindarnos un apaixonante relato humano.

Un guión moi adulto acompañado dunha fotografía impecable cunha dirección que sabe combinar a acción e as emocións dun xeito brillante e unhas fabulosas interpretacións de Hugh Jackman e Patrick Stewart.
#cinenacasa

🎬 Deadpool 2 (2018)

Agora si. Conseguiron igualar o nivel argumental ao do humor. Sube o nivel, con algún que outro cameo, con referencias a X-Men por absolutamente todas partes e por fin cunha boa historia detrás.

Melloraron moitas cousas mantendo a esencia do personaxe e outra vez xogando a romper a cuarta patrde, así que vou decir que moi bo filme.

Por certo, encántame que o título sexa tan sinxelo como poñer un “2”.
#cinenacasa

🎬 Deadpool (2016)

Unha interesante aposta polo humor descarado e acción bestia rompendo a cuarta parede constantemente.

Tal e como a definen ao comezar a película: "unha historia de amor". Mais ten uns efectos especiais onde se nota que investiron cartos. Ademáis, todo proxecto no que participe Morena Baccarin é de visionado obrigatorio.

En canto ao argumento, demasiado sinxelo. Centráronse moito nos chistes e deixaron a historia un pouco de lado. Unha mágoa nese aspecto.
#cinenacasa

🎬 Red Notice (2021)

Moi, moi divertida. Apareceume de suxerencia e púxena por probar. Típica película de acción e enganos entretida.

Os efectos especiais algo cutres, mais non é un filme para ver polos seus efectos, se non polos seus xiros de guión. Cando vin o reparto pareceume un trío un pouco extraño, mais encaixan á perfección. Polo demáis, moi bo humor e ten un ritmo elevado, non paran de suceder cousas.

Recoméndoa para mellorar unha destas tardes aburridas do inverno
#cinenacasa

🎬 Rebel Moon Part 2: The Scargiver (2024)

Esta gustoume bastante máis que a primeira con espectaculares escenas de batalla, momentos épicos que aínda o son máis acompañados desta boa banda sonora. Iso si, sobra moito metraxe, como non.

Outra vez Zack Snyder usa lentes que producen efectos raros e deforman as imaxes de xeito aleatorio. Non podo como iso. Polo demáis: boa película
#cinenacasa

🎬 Horizon: An American Saga - Chapter 1 (2024)

Kevin Costner noutro western. Todo pintaba ben. Conseguín acabar este filme (todo un logro) e sigo sen saber cal é a trama. Película lenta, aburrida e sen sentido. E para isto marchou de Yellowstone... En fin.
#cinenacasa

🎬 Rebel Moon - Part One: A Child of Fire (2023)

Uf, a ver... o resume moi resumido é: gran argumento cun guión moi pobre.

Personaxes aos que lle dan moito contexto para unha breve aparición (espero que para a parte 2). De primeiras pode parecer lento, mais considero que o ritmo é o adecuado para a historia.

E que carallo fai Zack Snyder coas lentes das cámaras? Momentos nos que partes importantes da escena se ven borrosos ou deformes.
#CineNaCasa

🎬 Interstellar (2014)

Para min a mellor creación de Nolan. Pero non chegando con iso tamén temos a mellor actuación de Matthew McConaughey e a mellor banda sonora feita por Hans Zimmer.

Película que engancha moitísimo ao vela por primeira vez e que mellora aínda máis no segundo visionado.

Este filme teno todo: reparto espectacular, guión coidadísimo, bo ritmo para unha historia pausada, música que te mantén dentro en todo momento, certo rigor científico,...
#CineNaCasa

🎬 Dune (1984)

Xa que está Dune de moda puxen a antiga.

O elenco é sublime e os efectos especiais moi logrados para a súa época. Mais a execución... o libro 1 convírteno nalgo eterno e lento mentres que os libros 2 e 3 pasan por eles a toda velocidade. Cambian o argumento de moitas cousas con respecto ao libro liando un pouco incluso o argumento. Non me gustou moito.
#CineNaCasa