https://www.youtube.com/shorts/4-5Cx9Rd8FM #GalegoTube #Youtubeiras #ObradoiroDixital



Hoxe enviamos "espías" á xornada Innovación nun clima que cambia, en #Compostela.
Foi unha aproximación interesante aos intentos dende centros de investigación e universidade para integrar máis a sustentabilidade nas súas propostas, que sexan escalables a usos reais. O vimos moi enfocado ás empresas, sobre todo ás máis grandes, que poden traballar máis estas alianzas.
Falouse de participación social, comunidades enerxéticas e necesidade de regulación e apoio público
Grazas ao aviso dun socio, o Concello mudou de sitio este sinal na ruela do Cancelón de Sar (entre a rúa de Sar e a rúa de Clara Campoamor), ademais de corrixilo e engadir "Excepto bicicletas" (unificandoa coa sinalización do chan).
#SantiagoDeCompostela #compostela #SeguridadeVial #bicicleta #bike
Destruíron ilegalmente unha grande parte da contorna verde que había detrás do parque de Bonaval (entre San Pedro e a Almáciga).
#SantiagoDeCompostela #Bonaval #Compostela #Almáciga #ANPAApóstoloSantiago #AFAAlmáciga
https://vertixesonora.gal/evento/disappeared-quipus/
Disappeared Quipu[s] de Camilo Méndez (2022) por Vértixe Sonora, este sábado as 18h no Auditorio do CMUS, Compostela
#VértixeSonora #DisappearedQuipu[s] #CMUS #CamiloMéndez #SantiagoDeCompostela #Compostela
Hoxe, xoves 11 de xuño, ás 19.00 h, na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7), María Ramos Domínguez, Ana Bulnes e Raquel C. Pico, autoras do libro 'Señoras en bicicleta' (Sushi Books, 2026) estarán falando de bicicletas, historia, feminismo, sufraxismo...
#bicicleta #bike #libros #books #SushiBooks #SantiagoDeCompostela #compostela
Para a xente de #Compostela e arredores interesades no #ecosocial e ou #decrecemento dende o enfoque comunitario e coimaxinando utopías sen deixar ninguen por debaixo ou atrás, tedes este interesantisimo laboratorio este domingo (aínda quedan algunhas prazas)

O vindeiro domingo 14 de xuño de 2026 realizaremos unha interesante e innovadora actividade da man dos nosos compañeiros do Instituto Resiliencia. A sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz centrada na intersección de ecopedagoxía, ecoespiritualidade e prácticas comunitaria
Bo día! Lembramos que este domingo pola tarde teremos unha actividade de investigación-acción ofrecida pola artista, activista e pesquisadora Marta Moreno Muñoz. Colapso, arte e preparación comunitaria serán os seus eixos. Máis información e preinscrición: https://www.pospetroleo.com/ames/2026/06/03/laboratorio-nomade-de-investigacion-accion-para-a-preparacion-comunitaria-ante-a-crise-ecosocial/