A semana pasada emitiuse a nosa entrevista con Xaquín Rubido sobre as diversas ameazas ás que se enfronta a ría máis produtiva de Galiza: https://www.pospetroleo.com/ames/podcast/programa-206-a-ria-de-arousa-ameazada/

#Arousa #GzSenPetroleo #Galiza #CaosClimatico

#procycling #ograncamiño

os horarios das retransmisións son un pouco random, supoño que hoxe é para non coincidir coa #brabantsepijl 1, pero estalle saíndo ben o cambio de datas á organización e institucións/empresas que poñemos cartos 

O nivel dos ciclistas é o que é (baixo), pero eses catro ou cinco (contados) de máis nivel parecen querer xogar a ciclistas, e iso que gañamos. Romeo ten máis cousas boas que malas, pero un día vai levar un disgusto de tanto botar a man á radio (menudo tipo plasta debe ser). O Adam Yates vai como se houbese que ir facendo camiño e como se tal cousa. Igual son prexuizos por coñecer o seu nivel (sobrado nesta carreira), pero ten pinta de estar quencendo o motor e nas subidas de máis de dez minutos que veñen hoxe e mañán darlle tempo a deixar ao resto tirados. Veremos.

Onte quedou ben en TV 📺 a ría de #Arousa e o #Barbanza en xeral. O helicóptero fixo un plano desde o mirador da Curota (A Pobra) desde onde se ten unha vista espectacular🏞️. Teño ido moito por alí 2 (sobre todo correndo!! a pé!!  ).

Calquera que anda en bici por #Galicia sabemos que temos unha orografía moi axeitada para facer carreiras entretidas (e duras). Incluso algunha montaña xeitosiña, pero sobre todo estradas que te van minando sen un metro realmente chan. Onte, con só unha subidiña (alto do pico da muralla en #Rianxo), sumaron case 2000m. de desnivel. O normal que facemos por aquí en calquera saída   (á metade da velocidade  ). Son estradas para xogar a ciclista, estreitas e con cambios de dirección. Creo que, para o nivel «UCI» da carreira a organización fai un bo traballo, tanto desde o punto de vista deportivo como a comercialización do produto, porque ao inicio da retransmisión abusan dos planos do helicóptero mostrando a paisaxe (hai que dicilo), pero céntranse moi correctamente na acción deportiva cando chegan o desenlace.

Dicía onte o comentarista (Rob Hatch3) que a empresa de Ezequiel Mosquera (EMEsports) vaise encargar de organizar a #grandisima 🇵🇹 4 Volta a Portugal em Bicicleta5. Visto como seareiro do deporte, creo que o que fan nesta carreira é moi correcto (dado o nivel da mesma). «Nuestro objetivo es internacionalizar la prueba», dixo Ezequiel cando asinaron o trato. A ver se lles queda bonito e poden vendela ben.

E isto podería ser unha publicación no blog se eu soubese vender estas cousas.

#cycling

  • escribino ben! sen mirar!  (comprobeino agora) ↩︎

  • as fotos son miñas, tomadas durante algunha das carreiras de #trailrunning na serra do Barbanza. Ler texto alternativo da foto. ↩︎

  • Escoito os comentarios en inglés porque a) ares abúrrese e está ao seu, b) véxoa en diferido e non na tevegá, c) son paleto e gústame escoitar como desde fóra din que Galiza é moi bonita, que bo está o polbo e o albariño e tal. Paleto, que non cego. ↩︎

  • https://www.esciclismo.com/actualidad/carretera/88820.html ↩︎

  • https://pt.wikipedia.org/wiki/Volta_a_Portugal ↩︎

  • Curtas Mutantes 2026, unha ponte directa entre o guión novel e a industria profesional

    O Festival Curtas de Vilagarcía lanza o concurso 'Curtas Mutantes' para que un talento emerxente rode de xeito profesional xunto aos grandes mestres Alberto Marini e Miguel Ángel Vivas. ...

    Galicia Confidencial

    Me vais a disculpar, que me estáis mencionando y no os estoy haciendo caso porque estoy a otras cosas.

    #TheBaboonShow #Revenidas #VilaxoánDeArousa #VilagarcíaDeArousa #Arousa

    O xeito e o raño, artes de pesca nas terras de #Barbanza e #Arousa
    A parroquia de #Leiro, en #Rianxo, ten mar,
    pero estés mexillóns NON son da #Arousa

    Ecologistas y mariscadoras de #Arousa se movilizan contra el apoyo de la Xunta a #Altri y la mina de #Touro

    Critican que el PP de Alfonso Rueda se niegue a declarar el #marisqueo y la pesca artesanal como actividades de interés general, cuando los gobierno de Feijóo sí dieron ese título a la #acuicultura industrial.

    Convocan para el 15 de diciembre una manifestación en Santiago contra el proyecto de #Altri #altrinon #Galicia
    plataformas #UlloaViva y en Defensa da Ría de #Arousa denuncian una campaña de la @Xunta para bloquear «milleiros de alegacións» contra la planta prevista en Palas

    https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosmar/2024/10/07/convocan-15-diciembre-manifestacion-santiago-contra-proyecto-altri/00031728300377179116511.htm

    Convocan para el 15 de diciembre una manifestación en Santiago contra el proyecto de Altri

    Las plataformas Ulloa Viva y en Defensa da Ría de Arousa denuncian una campaña de la Xunta para bloquear «milleiros de alegacións» contra la planta prevista en Palas

    La Voz de Galicia

    Onte estiven por Vilanova de Arousa. Na imaxe o solpor dende a ponte que una A Illa con Vilanova.

    Por certo, case se pode dicir que na Illa houbo máis coches que habitantes: dende as 20h ata as 22h que marchei o paso de coches pola ponte foi continuo, con incluso algunhas retencións.

    #Solpor #Arousa #IllaDeArousa