Neste #DíaDeÁfrica queremos lembrar que África non é un país. Esa visión homoxeneizadora é unha herdanza do colonialismo (que en realidade agora ten outro aspecto, pero segue aí).

Neste continente, ESF Galicia tivemos de 2004 a 2010 proxectos nos campamentos de refuxiadxs do #SaharaOccidental, causa coa que seguimos totalmente aliñadas.

Dende 2022, participamos no programa #AquaMoz, de fortalecemento de capacidades para xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións) en #Mozambique

Proxectos de cooperación internacional.
🇲🇿

Estamos buscando propostas para asistencia técnica en temas de apoio en fortalecemento sobre xestión de eventos extremos hídricos (secas e inundacións) en #Mozambique, dentro do programa #AquaMoz.

📅 Pecha o prazo o 11 de maio

Mira aquí os termos de referencia: https://galicia.isf.es/blog/contratacion-asistencia-tecnica-programa-aquamoz/

💧 🇲🇿 Luns en #Ribeira e mércores en #Compostela, dentro da Universidade Senior da Universidade de Santiago, falamos de #AquaMoz, o programa en #Mozambique con #AugasDeGalicia #CooperaciónGalega, as Administracións Rexionais da Auga de Mozambique, e asesoramento de expertas da Universidade da Coruña

#ESFnaUni

+INFO: augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html

🇲🇿 Hai uns días regresou de #Mozambique o noso Víctor, de facer acompañamento ao programa #AquaMoz, de apoio á xestión de eventos hídricos extremos (secas e inundacións).

Alí se traballa coas Administracións Rexionais da Auga do país, contando co apoio de #augasdegalicia e #CooperaciónGalega.

Contounos como foi todo nesta pequena crónica https://galicia.isf.es/blog/nova-visita-de-seguimento-a-mozambique-programa-aquamoz/

Días de boas novas no programa #AquaMoz, que desenvolvemos con #AugasDeGalicia e as Administraçoes Regionais da Água (ARA) de #Mozambique 🇲🇿 .
Estivo en Galicia Lizete Días, directora de planificación hídrica da ARA Sul.O xoves cun encontro co equipo da universidade da Coruña (ademais de participar o venres na celebración do aniversario da #CooperaciónGalega e no encontro con ESF).
Ernesto Tivane, técnico da propia ARA Sul, defendeu con éxito o venres o seu TFM no ámbito deste programa. Parabéns!
Hoxe foi un día intenso e emotivo, celebrando o 30 aniversario da #CooperacionGalega pola mañá, e pola tarde cun encontro con Roger Reyes (director da asociación #CODDEFFAGOLF, socia nosa en #Honduras) e Lizete Días (xefa de planificación hídrica da Administración Rexional da Auga do Sur de #Mozambique, socia nosa no programa #AquaMoz)

Xa regresaron a #Mozambique 🇲🇿 Moisés e Francisco, para continuar o seu importante traballo na xestión dos recursos hídricos na zona centro do país.
A semana en Galicia dentro do programa #AquaMoz serveu para estreitar lazos, coñecer instalacións e compartir experiencias con persoal técnico de #AugasDeGalicia, #UDC ou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Houbo tempo para encontros informais coa base social de ESF en A Coruña e Santiago

Aquí unha breve crónica: https://galicia.isf.es/blog/visita-a-galicia-de-delegacion-da-administracao-regional-da-aguas-do-centro-mozambique/

Onte estivemos con Moisés e Francisco, técnicos da Administración Regional da Auga do Centro de #Mozambique (ARA Centro), que nos falaron do seu país e da xira destes días en Galicia coñecendo distintas experiencias de xestión de secas e inundacións (con Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil...). En breve teremos unha crónica da xira!
A ARA-Centro é unha das socias no programa #AquaMoz que, xunto con #AugasDeGalicia, desenvolvemos en Mozambique.
+IINFO: https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html
Hoy, pendientes de los Diálogos sobre Hermanamientos entre Operadores de Agua (WOP), con #AECID y #ONUHábitat. La experiencia de #AquaMoz, donde ESF estamos colaborando con #AugasDeGalicia, #CooperaciónGalega, Administraciones de Agua Regionales (ARA) de #Mozambique🇲🇿 , universidades.., lleva 12 años.
Es una apuesta a largo plazo muy interesante, basada en el acompañamiento y la confianza. Justo estos días están en Galicia Francisco y Moisés, 2 técnicos de ARA Centro de Mozambique

Hoxe é o día do #MedioAmbiente💧 🌳 🦅 🥰 .

Queremos aproveitar para presentarvos unhas infografías e un vídeo curtiño para coñecerdes o programa #AquaMoz, de fortalecemento técnico ás Administracións da Auga de #Mozambique para a xestión de secas e inundacións (agravadas polo quecemento global).

É un programa que impulsamos con #AugasDeGalicia, un modelo de cooperación de administracións públicas, universidades e organizacións da sociedade civil.

+INFO E VÍDEO: https://augasdegalicia.xunta.gal/seccion-tema/c/Participacion_cidadana_procesos_info_publica?content=/Portal-Web/Contidos_Augas_Galicia/Seccions/AquaMoz/seccion.html&std=contenido_1.html