Tajer busca familia

Tajer ten 2 anos, é un can mediano, moi cariñoso e con moitas ganas de querer e ser querido.
Non é un can complicado: aprende rápido, é bo compañeiro e só necesita alguén que aposte por el de verdade.

Pasou por máis dunha familia e agora merece unha segunda oportunidade real, desas que son para sempre.

📍 Está en Carballo
👉 Coñece a súa historia e como adoptalo aquí:

https://olegadodemax.org/animais/tajer/

#AdopciónResponsable #AdoptaUnCan #Carballo #Galicia #OlegadoDeMax #SegundaOportunidade

Tajer

O Legado de Max

🐾 Bingo busca fogar 🐾

Bingo é un cachorro dun ano, moi activo, cariñoso e sociable con outros cans e con nenos.
Pensamos que será máis feliz nunha casa con finca, onde poida correr e desfrutar ao seu ritmo.

📍 Está en Carballo (A Coruña)

👉 Se queres coñecelo e ofrecerlle unha familia, aquí tes toda a info:

https://olegadodemax.org/animais/bingo/

#AdopciónResponsable #AdoptaUnCan #Cachorro #Galicia #Carballo #OlegadoDeMax

Bingo

O Legado de Max

Este é Chema, un cachorriño de 3 meses que apareceu abandonado nun peche.

Xa está desparasitado, con vacina posta e microchip, e listo para ser parte dunha familia responsable.

A súa historia merecía outro final; agora ten unha segunda oportunidade. 🐾

Queres coñecelo e adoptar?
👉 https://olegadodemax.org/animais/chema/

#AdopciónResponsable #AdoptaUnCan #OsNososPeludos #Cachorro #Galicia #Laracha

Chema

O Legado de Max