🐱💛 Paola busca fogar

Apareceu hai un par de meses nun parking, cheíña de graxa… e hoxe é unha pequena branca nuclear, doce, xoguetona e moi cariñosa
Está testada, vacinada e castrada.

Non a puxemos antes en adopción por dous motivos:
— Recuperar ese branco levou o seu tempo 😅
— E porque cada vez custa máis que alguén mire a gatos de máis de 6 meses…

E é unha mágoa. Porque adoptar un gato desta idade significa:
• Test de enfermidades fiable
• Carácter xa coñecido
• Adaptación máis estable
• Moito amor (igual ou máis)

Paola agarda a súa oportunidade 🐾

https://olegadodemax.org/animais/paola/

#AdoptaNonCompres #AdopciónFelina #GatosAdultos #OlegadodeMax #Carballo

Máis ideas para agasallar este San Valentín… e ademais con causa solidaria

Na nosa tenda atoparedes pulseiras, colares, aneis, packs detalle, chaveiros e moitas cousiñas feitas con agarimo

Agasallos bonitos que axudan directamente aos nosos animais 🐶🐱

📍 Tenda solidaria
Rúa Sol, 23 — Carballo

Pasade vernos, sempre hai algo especial agardando
Grazas por apoiar

#SanValentín #AgasallosSolidarios #Carballo #OlegadodeMax #AdoptaNonCompres

Charla solidaria de primeiros auxilios en Carballo

Da man de O Legado de Max organizamos unha sesión práctica, útil e adaptada á vida real, impartida por un enfermeiro especializado en emerxencias.

Sábado 28 de febreiro
11:00 – 13:00
Biblioteca Municipal Rego da Balsa (Carballo)

Inclúe manual básico + bolsa solidaria
Donativo: 15€ íntegros para a protectora

⚠️ Prazas limitadas — inscrición previa:
https://forms.gle/hv3YjN9JH98zbStD6

#Carballo #PrimeirosAuxilios #Protectoras #AdoptaNonCompres #Solidariedade

Plumas é unha setter nova cunha historia dura… e moitas ganas de vivir.
Ten uns 9/10 meses, é agarimosa, activa e sociable con outros cans. Aos poucos meses, a súa nai pisouna sen querer e perdeu parte da visión nun ollo. Aínda así, non perde o sorriso.

Lévase ben con todos os cans e ignora os gatos. Busca unha familia que non vexa o defecto, senón a forza 💛

📍 En Galicia
🔗 https://olegadodemax.org/animais/plumas/

#Plumas #Setter #AdopciónResponsable #CansGalicia #CansConHistoria #OLegadoDeMax #AdoptaNonCompres

Plumas

O Legado de Max

James merece empezar de novo 💔

Perdeu á súa humana, foi entregado á perreira e, dende entón, non atopou un lugar onde sentirse seguro.

Sospeitamos que viviu pechado e sen afecto. Ten medo a obxectos, homes e situacións que non entende. Pero é intelixente, cariñoso e sociable. Só precisa guía, paciencia… e alguén que non se deixe intimidar por un gruñón de 5 kg.

🌿 Ideal para casa con terreo
🐾 Está sendo valorado por profesionais
📍 En A Coruña
🔗 https://olegadodemax.org/animais/james/

#AdopciónResponsable #CansConHistoria #James #Peludiños #OLegadoDeMax #AdoptaNonCompres

Coque leva un ano agardando unha familia 💔

Apareceu na zona do cemiterio de Bertoa e dende entón só nos demostrou que é un can marabilloso: tranquilo, sociable e moi, moi cariñoso.

Ten uns 10 aniños, pesa 12 kg e lévase ben con todo o mundo (gatos incluídos!).

💛 Buscamos para el un fogar onde poida descansar acompañado, sen máis sustos.

Está en Carballo
Contacto a través da nosa web:
🔗 https://olegadodemax.org/animais/coque/

#AdoptaNonCompres #PeludiñosSenior #Coque #OLegadoDeMax #CansGalicia #AdopciónResponsable

Asterix e Obélix buscan fogar 💛
Teñen só 2 mesiños e xa saben o que é sobrevivir xuntos.
En breve comezarán coas vacinas, pero o que realmente precisan é unha familia que os coide e os valore como merecen.

📍 Están en Carballo
📩 Contacto a través da web
🔗 https://olegadodemax.org/animais/asterix-e-obelix/

#AdoptaNonCompres #GatiñosEnAdopción #Peludiños #OLegadoDeMax #CastraciónResponsable

Astérix e Obélix

O Legado de Max